Por unha mobilidade efectiva

En Vigo non imos esperar máis Federación Veciñal 'Eduardo Chao' - www.favec.es
  • Inicio
  • Expoñemos que…
  • … e reivindicamos que…
  • Campaña
  • Hemeroteca
  • Calendario
  • Cóntanos o teu caso
  • na rede

O novo Plan de Tráfico debe contar coa participación das forzas vivas da cidade e contemplar a creación do Transporte Metropolitano

Publicado o 18 de Xaneiro de 2010   
18
Xan

A FAVEC recibe con satisfacción a presentación do avance da Folla de Ruta do Plan Integral de Transporte, pero considera imprescindible o debate e enriquecimento da Comisión Sectorial de Transportes do Concello de Vigo así como que contemple a introdución do transporte metropolitano

O movemento veciñal ven realizando dende outubro unha campaña denominada “Por unha mobilidade efectiva, en Vigo non imos esperar mais”. A partir desta campaña, na que participaron as asociacións veciñais das distintas parroquias e barrios, realizouse unha diagnose detallada dos principais problemas cos que se atopan os veciños de Vigo e da área metropolitana.

A día de hoxe dispoñemos dun borrador deste informe que se vai someter aos órganos da Federación e ao Concello de Vigo. Non obstante e unha vez coñecido o novo Plan para o Tráfico na cidade queremos adiantar algúns dos aspectos que chaman a atención:

1. En primeiro lugar percibimos importantes coincidencias coas demandas do Movemento Veciñal en materia de Mobilidade que se levan publicado nos últimos meses, pero botamos en falta maior concreción tanto nos desarrollos como nos prazos, así como nas negociacións coas demais Administracións implicadas:

É unha antiga reivindicación do Movemento Veciñal o acceso á VG-20, pero non se concreta o estado das negociacións con Audasa, Fomento e Xunta de Galicia, nin quen se fará cargo dos orzamentos nen en que medida.

Resulta imprescindible a creación de aparcadoiros disuasorios que eviten o acceso de automóbiles na cidade e que, agora coas humanizacións, cada vez é mais difícil. Este tema, xa recollido no Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), precisa de prazos se non queremos que sexa outra declaración de intencións.

A problemática que se vive no Hospital do Meixoeiro os veciños o padecen todos os días. Tamén requírese concreción de cómo se vai facer e de prazos de execución.

A existencia de estacións intercambiadoras resulta imprescindible, pero non se pode ceñir únicamente á estación de autobuses, require que se contemple tamén como mínimo nos lugares onde existan aparcamentos disuasoiros.

2. Resulta chamativo comprobar como nun plan integral de transporte non se menciona unha reestructuración xeral do transporte público urbano, conforme á nova realidade e dinámica urbana. Precisamente neste punto vai centrarse en boa medida as propostas do movemento veciñal dado que se percibe que nestes momentos non está atendendo as verdadeiras necesidades dos veciños.

 

3. Bótase en falta unha referencia á rápida posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano en colaboración coa Xunta de Galicia e os Concellos limítrofes. Esta demanda do Movemento Veciñal, da que tamén participan as restantes asociacións veciñais da Área Metropolitana, debe servir como vía de redución da entrada de vehículos particulares no Centro urbano  -cunha presenza diaria de 50.000 vehículos procedentes do exterior.- Tal e como se puxo de manifesto nas xornadas do 28 de novembro de 2009, o retardo de cinco anos que se arrastra con respecto ás Provincias do Norte de Galicia, supón entre outras cousas, a perda de importantes recursos económicos para os veciños da nosa Comarca (valorouse arredor de 12 millóns de euros que se levan perdidos).  Alen disto, as fortes conxestións, que reclaman reforzo das infraestruturas, retardos e ineficacia do Transporte Público, Contaminación e Colapso da Mobilidade.

 

4. Polo expresado, non se realiza ningunha proposta nin prazo da necesaria coordinación coas outras administracións competentes en termos de mobilidade, particularmente coa Xunta de Galicia. O movemento veciñal reivindica que o problema se aborde dun xeito global que afecta a 500.000 persoas, establecendo calendarios curtos de execución e con alternativas de futuro que logren incrementar dun xeito efectivo o emprego do transporte público, incluído tamén transporte de ría e transporte de cercanías en ferrocarril. Precisamente, está concedida para próximas datas unha xuntanza coa Consellería de Infraestructuras na que se urxirá a citada coordinación e a concreción de datas.

 

Á vista do expresado, a FAVEC considera imprescindible que se abra o debate, sobre a mobilidade urbana e metropolitana a través do mecanismo de participación establecido (Consello Sectorial de Mobilidade), que por certo xa foi solicitado por tres veces nos últimos dous meses. Necesariamente ten que abordarse un dos principais problemas da veciñanza contando con ela, así como das restantes partes implicadas en buscar unha solución á xa caótica e insoportable situación tanto en termos económicos como medioambientais.

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
Non hai comentarios aínda   



Unha cidade da envergadura de Vigo non pode permitirse ter un servizo de transporte público tan precario

Publicado o 12 de Decembro de 2009   
12
Dec

Roser Ibañez:A falla de carrís bici e da cultura da bici, fan que moverse en bici pola cidade sexa realmente difícil e ás veces perigoso.

Eu son de fóra de Vigo, e na actualidade vivo en Coia e traballo no Calvario, e adoito moverme en bus ou ás veces en bicicleta.

Do uso da bicicleta en Vigo que podo dicir… A falla de carrís bici e da cultura da bici, fan que moverse en bici pola cidade sexa realmente difícil e ás veces perigoso.

E cando me movo en bus, atopo outras dificultades:

  •  a insuficiente frecuencia de paso;
  • as paradas que non só non dispoñen dos necesarios carteis indicadores da ruta e horarios das liñas que pasan por esa parada, senón que ás veces nin tan sequera dispoñen do cartel que fai saber que autobuses pasan pola mesma
  • as grandes dificultades para poder acceder con facilidade a barrios periféricos como Cabral
  • o incompleto plano de autobuses, tanto en formato papel como o que aparece na web; a complexidade na interpretación dos planos e a nomenclatura e ruta dos buses, nos que un mesmo número poden facer ata tres rutas distintas
  • ter que viaxar cal sardiñas no bus nas horas punta…

Co bus, se as cousas van ben, teño que saír 45 minutos antes de casa para chegar ao traballo, en bici uns 35 m. máis o perigo que representa, e se fora en coche, tardaría 10 m. E cando o bus non pasa á hora, teño tardado ata unha hora…

Por outro lado, tamén quero dicir que coñezo máis dun caso no que a rampla para as persoas de mobilidade reducida dos buses non funcionaba, véndose estas obrigadas a ser subidas ao bus por outras persoas ou véndose imposibilitadas de facelo…

Ante todo isto, penso que unha cidade da envergadura de Vigo non pode permitirse ter un servizo de transporte público tan precario…

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
Non hai comentarios aínda   



A nova humanización da Porta do Sol no fixo senón empeorar a mobilidade e servizos na zona

Publicado o 3 de Decembro de 2009   
3
Dec

Antes

ParadaPtaSol_ANTS

Despois

ParadaPtaSol_DPS

Luís: a nova marquesiña da Porta do Sol é ridícula para dar servizo aos centos de pasaxeiros que utilizan esta parada

Me gustaría expoñer que na Porta do Sol ata fai pouco esperábamos o bus ó amparo dunha enorme marquesina, onde collíamos todolos viaxeiros, e onde os indixentes se guardaban da chuvia.

A día de hoxe e logo da humanización deixaron n0 lugar de aquela grande estrutura na que resguardarse unha ridícula marquesiña para dar servizo a centos de viaxeiros nunha parada principal no centro de Vigo como é a Porta do Sol.

Tamén teño que engadir que o meu bus, (o l-20), daba a volta no “sereo”, e apañábalo comodamente na Praza da Princesa sen embargo agora teño que ir a collelo ata o paseo de Alfonso. Anteriormente existían 4 carrís para o paso de 17 liñas de vitrasa en ambos sentidos e podíase ter feito un intercambiador na Porta do Sol que queda acotada agora a dous estreitos carrís.

¿Onde está e para que serve esta “humanización”?

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
3 Comentarios   



O movemento veciñal da área de Vigo reúnese este sábado para afondar no transporte metropolitano

Publicado o 26 de Novembro de 2009   
26
Nov

Á cita están convocadas máis de 200 asociacións veciñais da área metropolitana de Vigo: desde o Morrazo ata o Baixo Miño

Data: sábado 28 de novembro ás 10.00 horas
Lugar: sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova de Vigo
(Rúa Policarpo Sanz, nº15, Vigo)

O movemento veciñal da área metropolitana está convocado a participar nunha xornada para abordar de forma conxunta a situación actual do transporte (os problemas de mobilidade que está a sufrir a veciñanza, medios de transporte, coordinación e frecuencias, prezos e calidade do servizo, necesidades de cada zona…) e urxir a sinatura do convenio entre a Xunta e os Concellos da área para a creación do transporte metropolitano, xa implantado en moitas cidades de Galicia como A Coruña, Santiago e Ferrol mentres na área de Vigo acumula anos de continuos retrasos.

Desta xornada sairán as liñas estratéxicas e actuacións para a campaña que se levará a cabo de forma conxunta polas asociacións veciñais da área co fin de promover o transporte metropolitano. Finalmente someterase a aprobación o manifesto “pola mobilidade efectiva na área metropolitana de Vigo”.

Blog
De xeito paralelo a esta xornada ponse en funcionamento o blog www.areavigo.org, concebido como un espazo para que os veciños e veciñas conten os seus casos, poblemas e necesidades de transporte e para que as entidades veciñais e outros colectivos realicen as súas achegas.

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
Non hai comentarios aínda   



A solución para dar saída ás prazas de residentes dos novos parkings é a baixada significativa dos prezos das concesións

Publicado o 24 de Novembro de 2009   
24
Nov

prezo-aparcadoiros-resident

A FAVEC xa advertiu do disparatado dos prezos das concesións ás que hai que sumar un elevado custo de mantemento.

A Federación Veciñal “Eduardo Chao” califica de previsible a situación dos novos aparcadoiros que non logran dar saída ás prazas para residentes. Esta entidade xa advertiu fai tempo dos elevadísimos custes dos aparcadoiros e a día de hoxe os prezos seguen a ser desorbitados. Tan só desembolsar os intereses dun crédito no banco e pagar as taxas de mantenimento supón un custe moi superior ao de alquilar unha praza no mercado libre e aínda por riba habería que logo facer fronte ás amortizacións do crédito. Todo isto imposibilita á veciñanza o acceso a este servizo. A única solución consiste en aplicar unha baixada significativa aos prezos das concesións como xa fixeron algúns aparcadoiros, aínda que seguen a ser insuficientes.

A proposta de venta podería incurrir nun novo ilegal como xa sucedeu coas prazas vendidas no parking de Rosalía de Castro

Advertimos do posible ilegal en que podería incurrir o Concello si permite a venda das prazas para residentes, como xa sucedeu co aparcadoiro de Rosalía de Castro que está nos xulgados. Lembramos que os aparcadoiros están concebidos como un servizo á veciñanza e no caso destes garaxes estamos a falar duns terreos públicos xestionados por empresas concesionarias e que de ningún xeito poden privatizarse para a súa venda.

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
Non hai comentarios aínda   



As federacións veciñais da área metropolitana de Vigo levarán a cabo unha campaña conxunta para reivindicar a creación urxente do transporte metropolitano

Publicado o 19 de Novembro de 2009   
19
Nov

roldafederacions-tm

 

O obxectivo é que no primeiro trimestre de 2010 entre en funcionamento o transporte metropolitano na área de Vigo como xa presta servizo en A Coruña, Santiago ou Ferrol

 O 28 de novembro levarase a cabo unha xornada de traballo con todas as asociacións veciñais da área metropolitana para analizar a situación e poñer riba da mesa as problemáticas e necesidades da veciñanza da área de Vigo

As federación veciñais constituídas na área metropolitana: Federación Veciñal “O Facho” – Cangas do Morrazo, Federación Veciñal “A Chamusca” – Moaña, Federación Veciñal “Pedra dos Acordos” – Val Miñor e Federación Veciñal “Eduardo Chao” – Vigo amosaron hoxe en rolda de prensa a súa preocupación polo retraso na creación do transporte metropolitano e denunciaron o grave prexuizo supón para a veciñanza de toda a área.

Para que o transporte metropolitano sexa unha prioridade e se materialice de xeito inmediato as federacións veciñais constituídas na área metropolitana de Vigo acordaron crear un comité de campaña que promoverá as seguintes actuacións:
1. Convocar a unha XORNADA DE TRABALLO a todas as asociacións veciñais da Área metropolitana para o vindeiro SÁBADO 28 DE NOVEMBRO, ás 10:00 da mañá na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova (Policarpo Sanz nº 13, Vigo). Nesas xornadas darase a coñecer en profundidade a situación descrita e someterase a aprobación un manifesto “POLA MOBILIDADE EFECTIVA NA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO”.

2. ESIXIR QUE NO PRIMIERO TRIMESTRE DE 2010 ESTE ASINADO O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E OS CONCELLOS DA ÁREA METROPOLITANA PARA O DESENVOLVEMENTO CONXUNTO DO TRANSPORTE METROPOLITANO DE GALICIA NA ÁREA DE VIGO.

3. Promover CANTAS ACCIÓNS SEXAN NECESARIAS NOS DISTINTOS CONCELLOS DA ÁREA METROPOLITANA. Particularmente, no Concello de Vigo vaise solicitar formalmente a convocatoria da Comisión municipal de transporte para abordar este tema e solicitar información da posición do Concello de Vigo.

3. Solicitar unha ENTREVISTA COA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E TRANSPORTE para dar a coñecer as demandas do movemento veciñal da área metropolitana e recabar información detallada dos propósitos deste departamento autonómico.

4. Por último, dar a coñecer á cidadanía da área metropolitana a situación do transporte público na web www.areavigo.org. Nela abrirase un espazo para que os veciños e veciñas conten os seus casos e as entidades veciñais e outros colectivos realicen as súas propostas (ver no Anexo unha achega que se recibiu no blog que nestes momentos ten aberto a Federación veciñal de Vigo en relación co tema da mobilidade).

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
Non hai comentarios aínda   



coa nova ORA ou deixo o soldo no parking ou non teño máis remedio que empregar o deficitario transporte público

Publicado o 17 de Novembro de 2009   
17
Nov

ora-blog

 

Laura: non podo abandonar o traballo para cambiar o coche de zona cada dúas horas

¿Co novo sistema de aparcamento da ORA quen pode traer o coche a traballar? Non poño queixa en canto o pagamento do mesmo, pero si o que cada dúas horas haxa que cambialo de sitio ¿quen me suple no meu posto de traballo?, ¿considera alguén que se pode saír cada dúas horas para poder non so cambia-lo ticket senón tamén de estacionamento e de rúa?

Á opción 1 é metelo nun parking público o cal, por experiencia propia, a broma sáeche entre 6 e 7 euros a mañá, a opción 2 sería ter un mellor sistema de transporte público en canto a frecuencia de liñas e coordinación de transbordos…

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
Non hai comentarios aínda   



A xornadas de mobilidade avivan o debate da cidadanía sobre as problemáticas e propostas en torno ao transporte e mobilidade

Publicado o 13 de Novembro de 2009   
13
Nov

A resposta cidadá ao diálogo público sobre o transporte pon de manifesto que é este un tema que a todos nos afecta e deben achegarse solucións de forma urxente

 

moitas persoas quixeron participar do debate sobre a mobilidade

moitas persoas acudiron a participar do debate sobre a mobilidade

As xornadas “A mobilidade en Vigo e área metropolotina: análise e propostas”, reuniron o pasado 11 e 12 de outubro no Centro Cultural Caixanova de Vigo a administracións, colectivos sociais, sindicais, ecoloxistas e veciñais para abordar desde diferentes perspectivas as problemáticas e posibles solucións á mobilidade.
Dous días de intenso debate e achegas por parte dos ponentes, asociacións veciñais, moitos colectivos preocupados polo transporte e cidadanía en xeral que acudiron á chamada do diálogo público, poñen de manifesto a crecente preocupación por un sistema de transporte que non funciona en Vigo e a súa área ante as crecentes necesidades da cidadanía que de xeito urxente pide unha solución.

 

as administracións ofreceron o seu punto de vista no primeiro día de xornadas

as administracións ofreceron o seu punto de vista no primeiro día de xornadas

O mércores 11 novembro as xornadas se centraron no enfoque das administracións públicas. A intervención do Director Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia Miguel Bugarín serviu para dar a coñecer algúns dos proxectos desta administración como a creación dun Consorcio de Transporte Metropolitano para toda Galicia que funcione cunha tarxeta única.
O Concelleiro de Mos aprobeitou a súa quenda para denunciar o abandono das conexións deste Concello con Vigo, tal e como sucede con outros moitos asentamentos da área metropolitana Xosé Manuel Martínez Ojea salientou algúns paradoxos como que moitos viais que comunican a área sexan de pago ou os rodeos de hora e media para chegar á Universidade que ten algúns centros no propio Mos.

 

colectivos veciñais, ecoloxistas e sindicatos expuxeron a súa visión sobre a mobilidade

colectivos veciñais, ecoloxistas e sindicatos expuxeron a súa visión sobre a mobilidade

Luci Soliño da asociación medioambiental ADEGA Vigo abriu o segundo día de análise e debate para achegar unha nova perspectiva de mobilidade que sería posible coa progresiva introdución da bicicleta para cubrir moitos desprazamentos dentro cidade, neste senso achegou un completo documento con propostas de rutas asequibles sen necesidade de facer grandes esforzos físicos.

O turno de Carlos Martínez Lamosa, responsable do sector do transporte da CIG na comarca de Vigo serviu para denunciar que os traballadores dos polígonos industriais de Vigo e área non dispoñen de alternativa de transporte público o que acarrexa grandes problemas especialmente á xente xove e apuntou que en tempos de crise o investimento en infraestruturas e medios de transporte é unha boa medida para estimular o mercado laboral.
Pechou as xornadas a intervención da veciñanza, en boca de Luís Martínez, vogal de transporte e mobilidade da Federación Veciñal “Eduardo Chao”. Luís prantexou a necesidade de reformar o actual esquema de liñas de vitrasa facendo un sistema radial que evite que todos os autobuses se xunten no centro e conectado cunha rede de aparcadoiros disuasorios que saquen o tráfico do centro da cidade.

A vindeira semana comezaremos a coñecer as primeiras conclusións sobre estas dúas xornadas de profundo debate público en torno á mobilidade en Vigo a área metropolitana.

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
Non hai comentarios aínda   



As A.V. da segunda coroa poñen de manifesto que a contorna do meixoeiro e mercado de cabral xa están a funcionar como aparcadoiros disuasorios

Publicado o 13 de Novembro de 2009   
13
Nov

Esta situación está a colapsar o tráfico nestas zonas. Os novos usos  non contemplados nas infraestruturas existentes están a dificultar o acceso aos servizos hospitalarios e comerciais

as aforas  están xa sendo empregadas como aparcadoiros disuasorios

as aforas están xa sendo empregadas como aparcadoiros disuasorios

Dentro da campaña “Por unha mobilidade efectiva. En Vigo non imos esperar máis” que está a levar a cabo o movemento veciñal de Vigo, esta semana tivo lugar a terceira charla-coloquio na que participaron conxuntamente directivos da FAVEC e Asociacións Veciñais que conforman a segunda coroa interurbana: Cabral, Parada – Maceiriña, Candeán e Beade. Trátase dunha zona de transición entre o ámbito periurbano de Vigo e a súa área metropolitana.

Conclusións
A principal conclusión do grupo de traballo é que existen nestas parroquias zonas están sendo empregadas como aparcadoiros disuasorios de tal xeito que persoas que viven no periurbán e área metropolitana e se dirixen á cidade de Vigo deixan os seus vehículos particulares nas zonas onde poden aparcar de xeito gratuíto para logo baixar ao centro ou áreas industriais compartindo vehículo ou en transporte público. Está situación resulta especialmente grave no centro comercial meixoeiro, contorna do hospital meixoeiro ou mercado de cabral, e o resultado é que estanse a colapsar estas zonas e a cidadanía que ten necesidade de acudir para gozar dos servizos que nestes puntos se presta xa non ten facilidades para acceder ou estacionar.

Esta realidade pon de manifesto a acuciante necesidade de acometer canto antes a rede de aparcadoiros disuasorios nas aforas da cidade. Un servizo que permitar á cidadanía dos barrios periféricos e área metropolitana estacionar os seus vehículos todo o día de xeito económico e logo dispoñer dun servizo áxil de transporte público para desprazarse cara ao centro e área industriais. Unhas infraestruturas xa recollidas no Plan Xeral.

A vindeira semana comeza o cuatro grupo de traballo no que participarán as asociacións de Zamáns, Valadares, Freixo, Matama, Coruxo, Oia, Saiáns.

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
Non hai comentarios aínda   



Xornadas “A mobilidade en Vigo e área metropolitana: análise e propostas”

Publicado o 10 de Novembro de 2009   
10
Nov

Un encontro entre os Cidadáns e as Administracions: Concellos, Xunta, Sindicatos, Ecoloxistas e Veciñanza para analizar e facer propostas que permitan abordar de xeito efectivo os graves problemas co transporte

 

Mércores e xoves 11 e 12 de novembro ás 20.00 horas no Centro Cultural Caixanova (Policarpo Sanz, nº13, Vigo).

 cartel-xornadas-mobilidade

Programa

 

Mércores, 11 novembro

A MOBILIDADE VISTA DENDE AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS. Interveñen:

D. Miguel Bugarín. Director Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia

Dª. Clara Millán González. Alcaldesa de Cangas

D. Xosé Manuel Martínez Ojea. Concelleiro de Mos

Modera: Luis Martínez Portela

 

Xoves, 12 novembro

MOBILIDADE E TRABALLO. Intervén:
D. Carlos Martínez Lamosa.  Responsable do sector do transporte da CIG na comarca de Vigo

MOBILIDADE E MEDIO AMBIENTE. Intervén: 
Dª.  Luci Soliño. ADEGA Vigo

MOBILIDADE E VECIÑANZA. Intervén:
D. Luis Martínez Portela. Vogal de Transporte e Mobilidade da Federación Veciñal “Eduardo Chao”

Modera: Antón Sánchez Fernández

 

Presentación

Enmarcado no contexto da Campaña “Por unha Mobilidade efectiva: en Vigo non podemos esperar máis”, convocamos as distintas Administracións (concellos da Área Metropolitana e Xunta de Galicia) e distintos Axentes Sociais para analizar o problema da Mobilidade en Vigo e Área Metropolitana, e facer propostas que permitan abordar de xeito efectivo o grave problema ao que nos estamos enfrontando.

De feito, este é o problema que as Asociacións de Veciñais identifican como o máis grave dos que sufre a Cidade, e tamén parámetro de Calidade de Vida que mellor pode repercutir no Desenvolvemento Económico e na Cohexión Social.

É preciso por elo un esforzo Conxunto, Coordinado e Desinteresado de tódalas Administracións , dende o Estado de España ata Xunta de Galicia, Concellos e Deputacións.

Xa non abondan as declaración de intencións que se levan escoitando dende os anos 90.

A “enfermidade” está en fase aguda e compre que todas as propostas recollidas en distintos plans se materialicen de inmediato. Do contrario a área metropolitana de Vigo, acabará disolvéndose por falla de “arterias polas que circular o sangue”
Particularmente queremos que as xornadas servan para abordar os seguintes temas

 

INFRAESTRUTURAS

Repasar cos representantes das administracións os plans e os orzamentos sobre os Accesos da Cidade para vertebrar a área metropolitana (case 500.000 habitantes e cerca de 150.000 coches en movemento diario).

Coñecer como se van a materializar os trens de cercanías, AVE, Aeroporto.

Cando se van construir os aparcadoiros disuasorios na Periferia da Cidade, e os contidos recollidos no Plan xeral de Vigo a éste respecto .

 

TARXETA INTERMODAL DE TRANSPORTE METROPOLITANO

A súa carencia está facendo que os cidadáns de Vigo e Área metropolitana sexan dos poucos que non disfroitan dunha modalidade de xestión do transporte da que están dotados outros concellos de todo o estado.

Queremos precisamente coñecer estos casos nos que se permite empregar mais o servizo de transporte público dun xeito mais económico. Evidentemente isto requiriría abordar o seguinte punto.

 

CONSORCIO DO TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO

Nada pode ser levado a cabo en materia de Transporte, sen a creación dunha UNIDADE DE XESTIÓN SUPRAMUNICIPAL, que armonice os intereses das distintas concesionarias, que coordine horarios e traxectos, que estableza tarifas comúns e coordinadas e que permita que non existan na área metropolitana cidadáns de primeira, de segunda e de terceira.

 

REFORMA DO SERVIZO PUBLICO EN VIGO

A lonxitude das Liñas, que realizan frecuentemente dous bucles a un lado e outro da Cidade desembocando muitas veces na Porta do Sol, provoca un serio despilfarro de recursos e tempo; Ocasiona  Retardos, Conxestión Urbana e Contaminación. 

A Fraxilidade déste sistema, maniféstase cando o Servizo se colapsa con motivo da celebración de desfiles, Festividades ou Manifestacións.

As obras do Centro están a causar ese mesmo efecto, sendo obvio que unha vez finalizadas, a calzada seguirá a ser escasa para o tráfico actual de tantas Liñas simultáneas.

¿Qué solucións se plantexan para todo isto?.
¿Onde está a Comisión Municipal de Transportes na que hai que debatir o novo modelo de xestión do transporte urbano?
¿Por qué os representantes lexítimos dos veciños na citada comisión segundo a Lei de Réxime Local de Galicia e o Regulamento de Participación Cidadá de Vigo non poden presentar os seus problemas e aportar a súas achegas?

Como ven se pode comprobar, as xornadas están plantexadas nun momento moi axeitado para escoitar análises e facer propostas, e sobre todo, para definir a partir dese momento cal vai ser a axenda de traballo de todas as partes implicadas para lograr que nun tempo curto de tempo Vigo e a súa Área metropolitana xogue na división que lle toca en termos de mobilidade.

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
2 Comentarios   



« Artículos Viejos
  • Artigos Novos
  • Comentarios Novos
  • + Comentados
  • O novo Plan de Tráfico debe contar coa participación das forzas vivas da cidade e contemplar a creación do Transporte Metropolitano
  • Unha cidade da envergadura de Vigo non pode permitirse ter un servizo de transporte público tan precario
  • A nova humanización da Porta do Sol no fixo senón empeorar a mobilidade e servizos na zona
  • O movemento veciñal da área de Vigo reúnese este sábado para afondar no transporte metropolitano
  • A solución para dar saída ás prazas de residentes dos novos parkings é a baixada significativa dos prezos das concesións
  • As federacións veciñais da área metropolitana de Vigo levarán a cabo unha campaña conxunta para reivindicar a creación urxente do transporte metropolitano
  • coa nova ORA ou deixo o soldo no parking ou non teño máis remedio que empregar o deficitario transporte público
  • A xornadas de mobilidade avivan o debate da cidadanía sobre as problemáticas e propostas en torno ao transporte e mobilidade
  • As A.V. da segunda coroa poñen de manifesto que a contorna do meixoeiro e mercado de cabral xa están a funcionar como aparcadoiros disuasorios
  • Xornadas “A mobilidade en Vigo e área metropolitana: análise e propostas”
  • andrea en A nova humanización da Porta do So…
  • admin en A nova humanización da Porta do So…
  • juan en A nova humanización da Porta do So…
  • Carlos R. en "Para coller o Vitrasa teño que es…
  • admin en Xornadas “A mobilidade en Vigo e …
  • Carlos R. en Xornadas “A mobilidade en Vigo e …
  • Javi P.M. en Dende Chapela a Coia unha hora e vi…
  • En Vigo non imo… en Cóntanos o teu caso
  • nan en Unha hora de Valadares a Teis. Non …
  • Esther en "Para coller o Vitrasa teño que es…
  • "Para coller o Vitrasa teño que estar unha hora antes na parada" (7)
  • A nova humanización da Porta do Sol no fixo senón empeorar a mobilidade e servizos na zona (3)
  • Xornadas “A mobilidade en Vigo e área metropolitana: análise e propostas” (2)
  • Da Avenida Hispanidade a García Barbón. De ruta turística por Vigo no circular. (1)
  • Unha hora de Valadares a Teis. Non me da tempo a comer na casa. (1)
  • Cóntanos o teu caso (1)
  • Dende Chapela a Coia unha hora e vinte minutos (1)

RSS Transporte Metropolitano de Vigo

    • Os veciños e veciñas da área perderon mais de 12 millóns de euros en axudas ao transporte público por falta de acordo entre a Xunta de Galicia e os Concellos da área.
    • Convocatoria as Asociación Veciñais da Área Metropolitana para crear o Comité de Campaña.
    • As federacións veciñais da área metropolitana de Vigo levarán a cabo unha campaña conxunta para reivindicar a creación urxente do transporte metropolitano
En Vigo non imos esperar máis

©2010 En Vigo non imos esperar máis

WordPress Themes por Irish Band & Steel Band. Traducido y modificado por Trazos Web