Enviado por Fernando
Eu vivo no Calvario preto do mercado. Traballo preto da porta do sol.
Entro ás 9 e para coller o bus teño que saír de casa ás 8.35 para collelo ás 8.40 e con sorte chego ao traballo ás 9.00-9.05.
Total: 20-25 minutos en Vitrasa desde Calvario á porta do Sol.
Andando son 18-20 minutos e a pasta que me aforro.
En resumo que chego igual ou mesmo un pouco antes andando que en Vitrasa e iso que o camiño é todo recto de baixada, como un transporte público pode funcionar tan mal?
Deste xeito a única vez que collo o Vitrasa é cando chove e de regalo teño que soportar calor, paradas interminables para recoller xente e masificación.
En resumo: que afortunadamente só emprego este transporte se non teño máis remedio.



13 de Outubro de 2009 ás 2:11 p.m.
Vivo na Avenida Hispanidade, preto da esquina de Pintor Colmeiro, e traballo en Garcia Barbón.
Na miña rúa só pasa o C16,é un circular, co cal para regresar do traballo vaime ben, pero para acudir a él non é nada eficaz xa que primeiro vai facendo unha ruta turística por toda a cidade para que me leve ao meu destino: atravesa Pintor Colmeiro, Travesas (con cinco minutos de parada incorporada dentro do autobús) subindo de novo pola rúa Zamora,Praza de España, Gran Vía, Urzáiz e por fin chegamos a García Barbón.
Por todo isto, e con talta volta que teño que dar, case nunca emprego o autobús para ir traballar, xa que ir andando é máis rápido e máis barato.
Andando me leva 19 minutos.
En autobús me leva 25 minutos.
Non entendo que toda a xente que vive nesta rúa, coma min, non teña un autobús directo ó Centro.