a exposición itinerante xa pode visitarse desde este xoves 5 de novembro e ata o mércores 18 na A.V. “Sta. Mariña” de Cabral

A exposición recolle problemáticas reais co transporte
Será a parroquia de Cabral a que nos vindeiros días acolla as sesións de traballo e exposición da campaña “Por unha mobilidade efectiva. En Vigo non imos esperar máis”.
O xoves 5 de outubro ás 20.00 na A.V. “Sta. Mariña” de Cabral haberá unha primeira reunión das asociacións que conforman a segunda coroa da cidade; será para poñer en común as problemáticas, carencias e necesidades en materia de transporte e mobilidade na zona. Nesta sesión de traballo intervirán as asociacións de Cabral, Beade, Candeán, “Rúas e Fontes” de Parada Maceiriña e Bembrive.
Desde este mesmo día poderá visitarse no salón de actos da asociación a exposición itinerante da campaña, conformada por múltiples paneis que recollen os testemuños persoais que presentan os distintos problemas reais de transporte cos que se atopa a veciñanza.
Todas aquelas persoas interesadas poden participar na iniciativa deixando constancia das súas problemáticas de transporte ou expresando as súas opinións sobre o que está a suceder coa mobilidade neste blog, no apartado cóntanos o teu caso.


