David:a A tarifa de estudantes é ridícula. Para amortizar os 3 euros das fotos de carné que piden para facela tes que facer 100 viaxes…
Chámome David e son da parroquia de Chapela, por Chapela só pasa a liña de Vitrasa C3 e unha liña da empresa autocares Gonzalez, eu teño 16 anos son estudante e teño uns ingresos económicos moi baixos, o que me poden dar os meus pais que son uns 10 euros semanais.
Fai pouco empezei a mover papeis pra facer a tarxeta de estudante xa que sae algo mais barata que a normal que xa a tiña (É unha cantidade ridicula pero bueno…) Fixen as fotos conseguin os papeis no instituto e funnos levar a Caixanova.
Dixeronme que a tarxeta tardaria arredor dun mes en facerse que era o que tardaban en xestionala os de Vitrasa, esperei pasei pola sucursal varias veces e ao final casi dous meses tardaron en darma, a veo e está mal feita, puxeron o nome do meu director en lugar do meu nome e enrriba me di que ainda non está activa que non lles funciona a máquina.
Me dixo que fora outro dia a activala e que a podia usar mal que non pasaba nada, eu non podo ir polas mañás e estou ocupado polas tardes non podo estar a perdelo tempo indo a sacar a tarxetiña pra que ma dean mal de novo.
Polotanto levo moito tempo pagando o Vitrasa en metálico e 2,26€ por saida a cidade son moitos cartos para o presuposto do que dispoño pra todas as miñas cousas.
O Vitrasa tarda uns 45 minutos en chegar ao centro de Vigo e 1:20m en chegar ao cemiterio de Coia, eu vou ao centro habitualmente e xa perdo hora e media entre ida e volta sen contar o tempo que boto na parada xa que o 60% de veces que vou coller o bus chega con retraso e non cumple os horarios.
Logo as aglomeracións, é curioso que cando ven moita xente no bus (Lata de sardiñas) sempre é un bus ríxido e cando non ven ninguén é un oruga , a xestión de Vitrasa nese caso e bastante curiosa.
E se colledes habitualmente un dos últimos buses (22:30) e pasades por Chapela fixarédevos que o condutor ten tanta ansia de rematar a xornada que pola zona de Avenida de Redondela ou Angel de Lema y Marina pon o bus en moitas ocasións a 80kmh (Zonas de 50) e incluso o teño visto superar esa velocidade, a min pareceme temerario (…) circular a esa velocidade cun autobús urbano.
Teño moitas queixas sobre Vitrasa pero a miña principal é que a tarifa de estudantes non siga así porque é ridícula, eu non teño ingresos mais que os dos meus pais e pago só 3 centimos menos que calquera traballador, unha verdadeira vergoña e amin polomenos paréceme unha falta de respeto chamarlle tarxeta de estudante a tal estafa porque só pra amortizar os 3 euros das fotos de carné que piden pra facela tes que facer 100 viaxes…



6 de Novembro de 2009 ás 11:21 p.m.
Totalmente de acuerdito.