A resposta cidadá ao diálogo público sobre o transporte pon de manifesto que é este un tema que a todos nos afecta e deben achegarse solucións de forma urxente

moitas persoas acudiron a participar do debate sobre a mobilidade
As xornadas “A mobilidade en Vigo e área metropolotina: análise e propostas”, reuniron o pasado 11 e 12 de outubro no Centro Cultural Caixanova de Vigo a administracións, colectivos sociais, sindicais, ecoloxistas e veciñais para abordar desde diferentes perspectivas as problemáticas e posibles solucións á mobilidade.
Dous días de intenso debate e achegas por parte dos ponentes, asociacións veciñais, moitos colectivos preocupados polo transporte e cidadanía en xeral que acudiron á chamada do diálogo público, poñen de manifesto a crecente preocupación por un sistema de transporte que non funciona en Vigo e a súa área ante as crecentes necesidades da cidadanía que de xeito urxente pide unha solución.

as administracións ofreceron o seu punto de vista no primeiro día de xornadas
O mércores 11 novembro as xornadas se centraron no enfoque das administracións públicas. A intervención do Director Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia Miguel Bugarín serviu para dar a coñecer algúns dos proxectos desta administración como a creación dun Consorcio de Transporte Metropolitano para toda Galicia que funcione cunha tarxeta única.
O Concelleiro de Mos aprobeitou a súa quenda para denunciar o abandono das conexións deste Concello con Vigo, tal e como sucede con outros moitos asentamentos da área metropolitana Xosé Manuel Martínez Ojea salientou algúns paradoxos como que moitos viais que comunican a área sexan de pago ou os rodeos de hora e media para chegar á Universidade que ten algúns centros no propio Mos.

colectivos veciñais, ecoloxistas e sindicatos expuxeron a súa visión sobre a mobilidade
Luci Soliño da asociación medioambiental ADEGA Vigo abriu o segundo día de análise e debate para achegar unha nova perspectiva de mobilidade que sería posible coa progresiva introdución da bicicleta para cubrir moitos desprazamentos dentro cidade, neste senso achegou un completo documento con propostas de rutas asequibles sen necesidade de facer grandes esforzos físicos.
O turno de Carlos Martínez Lamosa, responsable do sector do transporte da CIG na comarca de Vigo serviu para denunciar que os traballadores dos polígonos industriais de Vigo e área non dispoñen de alternativa de transporte público o que acarrexa grandes problemas especialmente á xente xove e apuntou que en tempos de crise o investimento en infraestruturas e medios de transporte é unha boa medida para estimular o mercado laboral.
Pechou as xornadas a intervención da veciñanza, en boca de Luís Martínez, vogal de transporte e mobilidade da Federación Veciñal “Eduardo Chao”. Luís prantexou a necesidade de reformar o actual esquema de liñas de vitrasa facendo un sistema radial que evite que todos os autobuses se xunten no centro e conectado cunha rede de aparcadoiros disuasorios que saquen o tráfico do centro da cidade.
A vindeira semana comezaremos a coñecer as primeiras conclusións sobre estas dúas xornadas de profundo debate público en torno á mobilidade en Vigo a área metropolitana.


