
Laura: non podo abandonar o traballo para cambiar o coche de zona cada dúas horas
¿Co novo sistema de aparcamento da ORA quen pode traer o coche a traballar? Non poño queixa en canto o pagamento do mesmo, pero si o que cada dúas horas haxa que cambialo de sitio ¿quen me suple no meu posto de traballo?, ¿considera alguén que se pode saír cada dúas horas para poder non so cambia-lo ticket senón tamén de estacionamento e de rúa?
Á opción 1 é metelo nun parking público o cal, por experiencia propia, a broma sáeche entre 6 e 7 euros a mañá, a opción 2 sería ter un mellor sistema de transporte público en canto a frecuencia de liñas e coordinación de transbordos…


