
O obxectivo é que no primeiro trimestre de 2010 entre en funcionamento o transporte metropolitano na área de Vigo como xa presta servizo en A Coruña, Santiago ou Ferrol
O 28 de novembro levarase a cabo unha xornada de traballo con todas as asociacións veciñais da área metropolitana para analizar a situación e poñer riba da mesa as problemáticas e necesidades da veciñanza da área de Vigo
As federación veciñais constituídas na área metropolitana: Federación Veciñal “O Facho” – Cangas do Morrazo, Federación Veciñal “A Chamusca” – Moaña, Federación Veciñal “Pedra dos Acordos” – Val Miñor e Federación Veciñal “Eduardo Chao” – Vigo amosaron hoxe en rolda de prensa a súa preocupación polo retraso na creación do transporte metropolitano e denunciaron o grave prexuizo supón para a veciñanza de toda a área.
Para que o transporte metropolitano sexa unha prioridade e se materialice de xeito inmediato as federacións veciñais constituídas na área metropolitana de Vigo acordaron crear un comité de campaña que promoverá as seguintes actuacións:
1. Convocar a unha XORNADA DE TRABALLO a todas as asociacións veciñais da Área metropolitana para o vindeiro SÁBADO 28 DE NOVEMBRO, ás 10:00 da mañá na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova (Policarpo Sanz nº 13, Vigo). Nesas xornadas darase a coñecer en profundidade a situación descrita e someterase a aprobación un manifesto “POLA MOBILIDADE EFECTIVA NA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO”.
2. ESIXIR QUE NO PRIMIERO TRIMESTRE DE 2010 ESTE ASINADO O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E OS CONCELLOS DA ÁREA METROPOLITANA PARA O DESENVOLVEMENTO CONXUNTO DO TRANSPORTE METROPOLITANO DE GALICIA NA ÁREA DE VIGO.
3. Promover CANTAS ACCIÓNS SEXAN NECESARIAS NOS DISTINTOS CONCELLOS DA ÁREA METROPOLITANA. Particularmente, no Concello de Vigo vaise solicitar formalmente a convocatoria da Comisión municipal de transporte para abordar este tema e solicitar información da posición do Concello de Vigo.
3. Solicitar unha ENTREVISTA COA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E TRANSPORTE para dar a coñecer as demandas do movemento veciñal da área metropolitana e recabar información detallada dos propósitos deste departamento autonómico.
4. Por último, dar a coñecer á cidadanía da área metropolitana a situación do transporte público na web www.areavigo.org. Nela abrirase un espazo para que os veciños e veciñas conten os seus casos e as entidades veciñais e outros colectivos realicen as súas propostas (ver no Anexo unha achega que se recibiu no blog que nestes momentos ten aberto a Federación veciñal de Vigo en relación co tema da mobilidade).


