
A FAVEC xa advertiu do disparatado dos prezos das concesións ás que hai que sumar un elevado custo de mantemento.
A Federación Veciñal “Eduardo Chao” califica de previsible a situación dos novos aparcadoiros que non logran dar saída ás prazas para residentes. Esta entidade xa advertiu fai tempo dos elevadísimos custes dos aparcadoiros e a día de hoxe os prezos seguen a ser desorbitados. Tan só desembolsar os intereses dun crédito no banco e pagar as taxas de mantenimento supón un custe moi superior ao de alquilar unha praza no mercado libre e aínda por riba habería que logo facer fronte ás amortizacións do crédito. Todo isto imposibilita á veciñanza o acceso a este servizo. A única solución consiste en aplicar unha baixada significativa aos prezos das concesións como xa fixeron algúns aparcadoiros, aínda que seguen a ser insuficientes.
A proposta de venta podería incurrir nun novo ilegal como xa sucedeu coas prazas vendidas no parking de Rosalía de Castro
Advertimos do posible ilegal en que podería incurrir o Concello si permite a venda das prazas para residentes, como xa sucedeu co aparcadoiro de Rosalía de Castro que está nos xulgados. Lembramos que os aparcadoiros están concebidos como un servizo á veciñanza e no caso destes garaxes estamos a falar duns terreos públicos xestionados por empresas concesionarias e que de ningún xeito poden privatizarse para a súa venda.


