Á cita están convocadas máis de 200 asociacións veciñais da área metropolitana de Vigo: desde o Morrazo ata o Baixo Miño
Data: sábado 28 de novembro ás 10.00 horas
Lugar: sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova de Vigo
(Rúa Policarpo Sanz, nº15, Vigo)
O movemento veciñal da área metropolitana está convocado a participar nunha xornada para abordar de forma conxunta a situación actual do transporte (os problemas de mobilidade que está a sufrir a veciñanza, medios de transporte, coordinación e frecuencias, prezos e calidade do servizo, necesidades de cada zona…) e urxir a sinatura do convenio entre a Xunta e os Concellos da área para a creación do transporte metropolitano, xa implantado en moitas cidades de Galicia como A Coruña, Santiago e Ferrol mentres na área de Vigo acumula anos de continuos retrasos.
Desta xornada sairán as liñas estratéxicas e actuacións para a campaña que se levará a cabo de forma conxunta polas asociacións veciñais da área co fin de promover o transporte metropolitano. Finalmente someterase a aprobación o manifesto “pola mobilidade efectiva na área metropolitana de Vigo”.
Blog
De xeito paralelo a esta xornada ponse en funcionamento o blog www.areavigo.org, concebido como un espazo para que os veciños e veciñas conten os seus casos, poblemas e necesidades de transporte e para que as entidades veciñais e outros colectivos realicen as súas achegas.


