Antes

Despois

Luís: a nova marquesiña da Porta do Sol é ridícula para dar servizo aos centos de pasaxeiros que utilizan esta parada.
Gustaríame expoñer que na Porta do Sol ata hai pouco esperabamos o bus ó amparo dunha enorme marquesiña, onde colliamos todos os viaxeiros, e onde os indixentes se gardaban da chuvia.
A día de hoxe, e logo da humanización, deixaron n0 lugar daquela grande estrutura na que resgardarse unha ridícula marquesiña para dar servizo a centos de viaxeiros nunha parada principal no centro de Vigo como é a Porta do Sol.
Tamén teño que engadir que o meu bus (L-20) daba a volta no “sereo”, e apañábalo comodamente na Praza da Princesa; No entanto, agora teño que ir collelo ata o paseo de Afonso. Anteriormente existían 4 carrís para o paso de 17 liñas de vitrasa en ambos os sentidos e podíase ter feito un intercambiador na Porta do Sol que queda acoutada agora a dous estreitos carrís.
¿Onde está e para que serve esta “humanización”?



3 de Decembro de 2009 ás 8:15 p.m.
Mais farsas dende a Favec ,agora vos queixades os mesmos ,pois ninguen publica nada nesta paxina ,a non ser vos mesmos ,primeiro participades co PP no PLAN XERAL e non pensabades enton nos aparcadoiros fora do centro e agora que goberna en Vigo o psoe agora vos queixades ,non tedes credibilidade ningunha .
3 de Decembro de 2009 ás 1:52 p.m.
Que pena, como se nota que para ti o movemento veciñal é só de usar e tirar…Non coñeces o PXOM verdade? Claro que colaboramos con el, repásao e verás que falmos de aparcadoiros disuasorios.
Creo recordar que o PXOM é a gran obra do BNG, tampouco o sabes? Que pouco sabes de Vigo rapaz!
Elena Glez.
3 de Decembro de 2009 ás 1:15 a.m.
Querido Juan, además de tu ignorancia en estos temas y por muy socialista que parece que eres, hay que reconocer los errores, y esta marquesina DA PENA!! parece que en lugar de ir para adelante vamos para atrás.