Roser Ibañez:A falla de carrís bici e da cultura da bici, fan que moverse en bici pola cidade sexa realmente difícil e ás veces perigoso.
Eu son de fóra de Vigo, e na actualidade vivo en Coia e traballo no Calvario, e adoito moverme en bus ou ás veces en bicicleta.
Do uso da bicicleta en Vigo que podo dicir… A falla de carrís bici e da cultura da bici, fan que moverse en bici pola cidade sexa realmente difícil e ás veces perigoso.
E cando me movo en bus, atopo outras dificultades:
- a insuficiente frecuencia de paso;
- as paradas que non só non dispoñen dos necesarios carteis indicadores da ruta e horarios das liñas que pasan por esa parada, senón que ás veces nin tan sequera dispoñen do cartel que fai saber que autobuses pasan pola mesma
- as grandes dificultades para poder acceder con facilidade a barrios periféricos como Cabral
- o incompleto plano de autobuses, tanto en formato papel como o que aparece na web; a complexidade na interpretación dos planos e a nomenclatura e ruta dos buses, nos que un mesmo número poden facer ata tres rutas distintas
- ter que viaxar cal sardiñas no bus nas horas punta…
Co bus, se as cousas van ben, teño que saír 45 minutos antes de casa para chegar ao traballo, en bici uns 35 m. máis o perigo que representa, e se fora en coche, tardaría 10 m. E cando o bus non pasa á hora, teño tardado ata unha hora…
Por outro lado, tamén quero dicir que coñezo máis dun caso no que a rampla para as persoas de mobilidade reducida dos buses non funcionaba, véndose estas obrigadas a ser subidas ao bus por outras persoas ou véndose imposibilitadas de facelo…
Ante todo isto, penso que unha cidade da envergadura de Vigo non pode permitirse ter un servizo de transporte público tan precario…


