Data: xoves, 11 de marzo,
Hora: ás 19:30 horas,
Lugar: auditorio do Multiusos da Xunqueira (Redondela)
Celebrarase unha conferencia co título “O futuro do tren de cercanías en Galicia”, coa intervención de Manuel Jesús Amenedo Otero, Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, Fernado Gómez Camarero, Coordinador Xeral de Salva O Tren, e Lucía Latorre Búa, portavoz de Salva O Tren, na se presentará un estudo sobre o servizo ferroviario de proximidades en Galicia, realizado recentemente polo colectivo radicado en Portas.
Con este acto, as entidades organizadoras pretenden contribuír á sensibilización cidadá sobre a necesidade de un servizo ferroviario de proximidades en Galicia.
Organiza:
Plataforma Salva o Tren
Plataforma Cidadá Contra a Autovía de Redondela
Asociación Alén Nós,


