Reclamamos a Concordia entre as Administracións, para non frustrar de novo un proxecto que leva xa oito anos de retraso.
Felicitámonos do principio de acordo entre os Concellos da Area Metropolitana.
Precísase da incorporación imperiosa de Cangas e Moaña para salvar e potenciar o Transporte de Ría, facendo innecesaria a ampliación da Ponte de Rande.
Os Veciños da Area Metropolitana precisan con urxencia de un sistema público de transporte axil e barato. A cidade de Vigo, saturada e contaminada precísao tamén. Neste sentido, reclamamos que se teñan en conta as suxestións que se conteñen no Caderno Branco da Mobilidade, presentado a semana pasada polas Federacións Veciñais de Vigo, Cangas, Moaña, Redondela e Val Miñor:
• Flexibilidade para a penetración do Servizo de Vitrasa nas Parroquias máis próximas a Vigo, (Chapela, Priegue, Chandebrito, Mos…), a cambio dunha ampliación do Servizo Interurbano a través das vías rápidas da nosa cidade (Primeiro Cinto).
• Transferencia co Servizo Urbano e o Transporte de Ría, en diferentes Intercambiadores da Cidade, subvecionado pola Xunta de Galicia
• Creación de Aparcadoiros Disuasorios na Periferia de Vigo e nas cabeceiras do servizo por Autoestrada e Ferrocarril: Redondela, O Porriño e Gondomar.
Non poden os usuarios permanecer presos por mais tempo dos intereses das Operadoras ou
da falta de acordo das Administracións. Os dereitos das Concesionarias deben ser respectados, e polo tanto, Compensados ou Rescatados. O Transporte Regular de Pasaxeiros na Ría de Vigo debe ser un Servizo Público, garantido polas Administracións. As Administracións beben esquezer a proximidade das Eleccións e resolver o Problema, repartindo os méritos con xenerosidade.
Non é momento de pór paus nas rodas do proceso e entender que na Coruña, Ferrol e Santiago o sistema funciona dende hai xa 8 anos, sen dispor de Area Metropolitana; Lugo, Ourense e Pontevedra incorpóranse nel nas mesmas condicións. Só Vigo continúa fóra polo momento, cun coste estimado para a cidadanía de 12 millóns de Euros en Subvencións.
Luís Martínez Portela
Vogal de Transporte FAVEC


