• Se faga partícipe á veciñanza, a través da Federación Veciñal Eduardo Chao, na toma de decisións relativas aos temas de mobilidade, a través de:
    • A participación na elaboración do  Plan de Investimento Local para 2010, atendendo ás necesidades derivadas do Plan de Acción veciñal consensuado no seo da Federación Veciñal “Eduardo Chao” na asemblea de xuño de 2009.
    • Se convoque o Consello Municipal de Transportes trimestralmente, para revisar a situación actual e programar as necesidades de presente e de futuro do transporte urbano.
    • Se convoque o Consello Municipal de Mobilidade, para traballar pola adecuación da normativa existente.
    • Se poñan en funcionamento os órganos ou foros que proceda da área metropolitana por parte da Xunta de Galicia, nos que se analice e se tomen decisións sobre a mobilidade na citada área.
  • Se elabore un Plan de Mobilidade en Vigo e área metropolitana abordando os seguintes aspectos:
    • Servizo de transporte urbano, negociado no Consello Municipal de Transportes
    • Servizo de transporte metropolitano, coordinándose Xunta de Galicia,  Concello de Vigo e demais administracións implicadas.
    • Potenciación de medios de transporte respectuosos co medio ambiente, como poden ser o emprego da bicicleta ou o apoio e a sensibilización para o emprego dos medios de transporte públicos.
  • Se executen os acordos relativos á mobilidade por parte das distintas administracións –e que xa quedan recollidos no PXOM dende hai tempo-, entre os que cómpre mencionar:
    • Os aparcadoiros disuasorios.
    • As estacións intermodais
    • Os intercambiadores en puntos clave da cidade
    • A rede de ferrocarril de proximidades
    • O sistema viario metropolitano.

Suscribirse ao rss