Un encontro entre os Cidadáns e as Administracions: Concellos, Xunta, Sindicatos, Ecoloxistas e Veciñanza para analizar e facer propostas que permitan abordar de xeito efectivo os graves problemas co transporte
Mércores e xoves 11 e 12 de novembro ás 20.00 horas no Centro Cultural Caixanova (Policarpo Sanz, nº13, Vigo).

Programa
Mércores, 11 novembro
A MOBILIDADE VISTA DENDE AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS. Interveñen:
D. Miguel Bugarín. Director Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia
Dª. Clara Millán González. Alcaldesa de Cangas
D. Xosé Manuel Martínez Ojea. Concelleiro de Mos
Modera: Luis Martínez Portela
Xoves, 12 novembro
MOBILIDADE E TRABALLO. Intervén:
D. Carlos Martínez Lamosa. Responsable do sector do transporte da CIG na comarca de Vigo
MOBILIDADE E MEDIO AMBIENTE. Intervén:
Dª. Luci Soliño. ADEGA Vigo
MOBILIDADE E VECIÑANZA. Intervén:
D. Luis Martínez Portela. Vogal de Transporte e Mobilidade da Federación Veciñal “Eduardo Chao”
Modera: Antón Sánchez Fernández
Presentación
Enmarcado no contexto da Campaña “Por unha Mobilidade efectiva: en Vigo non podemos esperar máis”, convocamos as distintas Administracións (concellos da Área Metropolitana e Xunta de Galicia) e distintos Axentes Sociais para analizar o problema da Mobilidade en Vigo e Área Metropolitana, e facer propostas que permitan abordar de xeito efectivo o grave problema ao que nos estamos enfrontando.
De feito, este é o problema que as Asociacións de Veciñais identifican como o máis grave dos que sufre a Cidade, e tamén parámetro de Calidade de Vida que mellor pode repercutir no Desenvolvemento Económico e na Cohexión Social.
É preciso por elo un esforzo Conxunto, Coordinado e Desinteresado de tódalas Administracións , dende o Estado de España ata Xunta de Galicia, Concellos e Deputacións.
Xa non abondan as declaración de intencións que se levan escoitando dende os anos 90.
A “enfermidade” está en fase aguda e compre que todas as propostas recollidas en distintos plans se materialicen de inmediato. Do contrario a área metropolitana de Vigo, acabará disolvéndose por falla de “arterias polas que circular o sangue”
Particularmente queremos que as xornadas servan para abordar os seguintes temas
INFRAESTRUTURAS
Repasar cos representantes das administracións os plans e os orzamentos sobre os Accesos da Cidade para vertebrar a área metropolitana (case 500.000 habitantes e cerca de 150.000 coches en movemento diario).
Coñecer como se van a materializar os trens de cercanías, AVE, Aeroporto.
Cando se van construir os aparcadoiros disuasorios na Periferia da Cidade, e os contidos recollidos no Plan xeral de Vigo a éste respecto .
TARXETA INTERMODAL DE TRANSPORTE METROPOLITANO
A súa carencia está facendo que os cidadáns de Vigo e Área metropolitana sexan dos poucos que non disfroitan dunha modalidade de xestión do transporte da que están dotados outros concellos de todo o estado.
Queremos precisamente coñecer estos casos nos que se permite empregar mais o servizo de transporte público dun xeito mais económico. Evidentemente isto requiriría abordar o seguinte punto.
CONSORCIO DO TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO
Nada pode ser levado a cabo en materia de Transporte, sen a creación dunha UNIDADE DE XESTIÓN SUPRAMUNICIPAL, que armonice os intereses das distintas concesionarias, que coordine horarios e traxectos, que estableza tarifas comúns e coordinadas e que permita que non existan na área metropolitana cidadáns de primeira, de segunda e de terceira.
REFORMA DO SERVIZO PUBLICO EN VIGO
A lonxitude das Liñas, que realizan frecuentemente dous bucles a un lado e outro da Cidade desembocando muitas veces na Porta do Sol, provoca un serio despilfarro de recursos e tempo; Ocasiona Retardos, Conxestión Urbana e Contaminación.
A Fraxilidade déste sistema, maniféstase cando o Servizo se colapsa con motivo da celebración de desfiles, Festividades ou Manifestacións.
As obras do Centro están a causar ese mesmo efecto, sendo obvio que unha vez finalizadas, a calzada seguirá a ser escasa para o tráfico actual de tantas Liñas simultáneas.
¿Qué solucións se plantexan para todo isto?.
¿Onde está a Comisión Municipal de Transportes na que hai que debatir o novo modelo de xestión do transporte urbano?
¿Por qué os representantes lexítimos dos veciños na citada comisión segundo a Lei de Réxime Local de Galicia e o Regulamento de Participación Cidadá de Vigo non poden presentar os seus problemas e aportar a súas achegas?
Como ven se pode comprobar, as xornadas están plantexadas nun momento moi axeitado para escoitar análises e facer propostas, e sobre todo, para definir a partir dese momento cal vai ser a axenda de traballo de todas as partes implicadas para lograr que nun tempo curto de tempo Vigo e a súa Área metropolitana xogue na división que lle toca en termos de mobilidade.
Suscribirse ao rss