Por unha mobilidade efectiva

En Vigo non imos esperar máis Federación Veciñal 'Eduardo Chao' - www.favec.es
  • Inicio
  • Expoñemos que…
  • … e reivindicamos que…
  • Campaña
  • Hemeroteca
  • Calendario
  • Cóntanos o teu caso
  • na rede

A exposición “Por unha mobilidade efectiva. En Vigo non imos esperar máis” xa pode visitarse na A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo

Publicado o 22 de Outubro de 2009   
22
Out

A mostra forma parte da campaña “Por unha mobilidade efectiva. En Vigo non imos esperar máis” que ten como obxectivo que os veciños e veciñas tomen conciencia da necesidade de buscar solucións inmediatas aos graves e crecentes problemas de transporte, aparcamento e vías de comunicación en Vigo e na súa área metropolitana.

agarimo1

Para tal fin unha mostra itinerante poderá visitarse durante os meses de outubro, novembro e decembro en 6 asociacións veciñais de Vigo. A exposición, recolle testemuños persoais de diferentes poblemáticas de transporte, de xeito que se poida presentan os distintos problemas reais cos que se atopan os veciños.

A mostra inaugurada hoxe poderá visitarse por dúas semanas, ata o vindeiro mércores 4 de novembro, no auditorio da A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo (rúa Vista do Mar, nº6), de luns a venres en horario de mañá e de tarde. Esta exposición funciona como antesala ás sesións de traballo que a partir de hoxe se levarán a cabo por parte das asociacións que conforman a primeira coroa urbana, para analizar as carencias e necesidades de transporte na zona.

Grupos de Traballo

Hoxe ás 20.00 horas reúnense na Asociación Veciñal “Agarimo de San Xoán Poulo” o grupo de traballo conformado pola directiva da FAVEC e as asociacións veciñais de San Xoán Poulo, Vilar, Lavadores, A Doblada, San Roque e Sampaio. Será a primeira sesión de traballo para poñer en común as problemáticas en materia de transporte e mobilidade que afectan a esta zona correspondente á primeira coroa da cidade.

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
Non hai comentarios aínda   



Conclusión do Grupo de Traballo. Nota de prensa

Publicado o 16 de Outubro de 2009   
16
Out

Dentro da campaña “Por unha mobilidade efectiva. En Vigo non imos esperar máis” que se está levando a cabo por parte do movemento veciñal de Vigo, onte xoves tivo lugar a primeira charla-coloquio na que participaron, xunto cos directivos da Federación Veciñal “Eduardo Chao”, directivos das Asociacións de Veciños de Teis, de Travesía de Vigo e do Casco Vello.

Tres foron os temas que centraron o debate e que mais afectan á veciñanza destes barrios de Vigo:

1 Transporte urbano

  • A zoa leste de Vigo (Teis e Travesia de Vigo), na que se existe unha das maiores concentracións de habitantes da cidade, percibe como dun tempo a esta parte resulta mais difícil a mobilidade dentro da propia zoa e co centro. O transporte urbano, que se lograra mellorar a principio desta década coa reforma que se fixera naquel momento de acordo co movemento veciñal, tórnase insuficiente tanto en frecuencias como en cobertura.
    • A liña C3 valórase moi positivamente polo traxecto que realiza e a puntualidade, se ben precísase unha maior frecuencia de ata 10 minutos.
    • A liña C5 ten moi mala valoración tanto en frecuencia como en cobertura, xunto coa liña C2. Estas, que redundan co servizo que prestan as liñas C3, 10, 17 e 31, deberíanse replantexar de xeito que xurda, cando menos, un servizo circular que cubra o interior do barrio de Teis e o comunique eficazmente cos centros administrativos e asistenciais da cidade (hospitais, administracións públicas, centros educativos e centros comerciais).
    • Tamén se detecta a dificultade para interconectar coas liñas circulares do centro e ó acceso ós centros neurálxicos da parte oeste da cidade (p.e: Centro de Especialidades de Coia, etc).
    • Na actualidade todas estas liñas pasan polo funil da Porta do Sol provocando retrasos innecesarios.
    • Nos fins de semán todas estas liñas sofren importantes mermas derivado de que se reducen as frecuencias e as coberturas. Isto vese claramente que a liña 31 de acceso ao Meixoeiro ten unha frecuencia de cada hora.
  • No centro de Vigo, particularmente na Porta do Sol, existe unha concentración de liñas de transporte tal que nestes momentos, coa humanización realizada na zoa, resulta complexo determinar cal é o autobús a empregar e, o que aínda é mais grave, prodúcese un atasco de autobuses que fai de tapón de todo o sistema de transporte da cidade. Isto acompañado coa imposibilidade de achegarse ao centro urbano en vehículo a un prezo razoable, provoca un grave problema de mobilidade ao que cómpre porlle remedio axiña.

2 Vías de comunicación

  • Comunicacións do barrio de Teis coa Circunvalación de Vigo. Esta antiga reclamación do barrio de Teis consiste en que se trata do único barrio que non dispón dunha conexión directa con esta vía estructurante. Isto provoca que todo o transporte pesado da industria procedente de Guixar ou de Chapela teña que atravesar o barrio para entrar pola rúa Bos Aires, ou que para acceder a Teis dende Rande-Puxeiros non quede outra alternativa que ou saír pola rúa Bos Aires ou pagar a peaxe de Redondela. Vese imprescindible que o Ministerio de Fomento aborde tanto a citada conexión directa como a liberación da peaxe que grava os concellos de Redondela e Soutomaior, e que bloquea unha liña natural de comunicación.
  • A Asociación do Casco Vello pon de manifesto a súa reivindicación de que resulta necesario o soterramento nun único túnel da avenida de Beiramar, incluíndo o tramo situado fronte á praza do Berbés, cun par de carriles de tráfico superior para a comunicación con Teófilo Llorente e Cánovas del CAstillo  pero de prioridade peonal.

3 Aparcamento

  • As asociacións veciñais participantes perciben a necesidade de buscar unha solución aos problemas de aparcamento que existen na parte leste e centro da cidade, e que cada vez se acentúan mais coa inaccesibilidade ao casco urbano. Neste sentido resulta imprescindible abordar solucións de aparcamento soterrado con prezos accesibles e un sistema de propiedade acorde para os residentes e tamén con prezos asequibles para aqueles usuarios que estacionen o seu automóbil para o uso do transporte urbano.
  • En Teis e Travesía de Vigo, dada a antigüedade das vivendas e as condicións socioeconómicas, resulta imprescindible buscar unha solución de grandes aparcamentos en superficie e que se conecte fácilmente co transporte urbano. Este plantexamento está xa recollido no Plan Xeral de Ordenación Urbano e cómpre polo en funcionamento o mais axiña posible.

Á vista de todo o exposto, e tendo en conta que a semán que ven iniciase os traballos do segundo grupo de reflexión (San Xoán Poulo, Sampaio, Lavadores, Vilar, A Doblada, San Roque), hoxe mesmo foi entregada por rexistro a solicitude de convocatoria do Consello Municipal de Transportes. Lémbrase nese escrito a obrigatoriedade de convocatoria trimestral do mesmo, o cal lévase sen facer nos dous últimos anos. Nese mesmo escrito solicítase a participación da Concellería de Mobilidade, Transporte e Seguridade nas xornada que se vai celebrar o día 11 de novembro.

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
Non hai comentarios aínda   



Da Avenida Hispanidade a García Barbón. De ruta turística por Vigo no circular.

Publicado o 14 de Outubro de 2009   
14
Out

Enviado por Laura

Vivo na Avenida Hispanidade, preto da esquina de Pintor Colmeiro, e traballo en Garcia Barbón.

Na miña rúa só pasa o C16,é un circular, co cal para regresar do traballo vaime ben, pero para acudir a él non é nada eficaz xa que  primeiro vai facendo unha ruta turística por toda a cidade para que me leve ao meu destino: atravesa Pintor Colmeiro, Travesas (con cinco minutos de parada incorporada dentro do autobús) subindo de novo pola rúa Zamora,Praza de España, Gran Vía, Urzáiz e por fin chegamos a García Barbón.

Por todo isto, e con talta volta que teño que dar, case nunca emprego o autobús para ir traballar, xa que ir andando é máis rápido e máis barato.

Andando me leva 19 minutos.

En autobús me leva 25 minutos.

Non entendo que toda a xente que vive nesta rúa, coma min, non teña un autobús directo ó Centro

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
1 Comentario   



Dendo o Calvario a Porta do Sol. Máis rápido andando que en autobús

Publicado o 13 de Outubro de 2009   
13
Out

Enviado por Fernando

Eu vivo no Calvario preto do mercado. Traballo preto da porta do sol.

Entro ás 9 e para coller o bus teño que saír de casa ás 8.35 para collelo ás 8.40 e con sorte chego ao traballo ás 9.00-9.05.

Total: 20-25 minutos en Vitrasa desde Calvario á porta do Sol.

Andando son 18-20 minutos e a pasta que me aforro.

En resumo que chego igual ou mesmo un pouco antes andando que en Vitrasa e iso que o camiño é todo recto de baixada, como un transporte público pode funcionar tan mal?

Deste xeito a única vez que collo o Vitrasa é cando chove e de regalo teño que soportar calor, paradas interminables para recoller xente e masificación.

En resumo: que afortunadamente só emprego este transporte se non teño máis remedio.

Suscribirse ao rss

Arquivado en: xeral     
1 Comentario   



“Para coller o Vitrasa teño que estar unha hora antes na parada”

Publicado o 7 de Outubro de 2009   
7
Out

Duli vive en Candeán e traballa na Porta do Sol, no centro de Vigo. Para poder chegar ao traballo ten que ir unha hora antes á parada porque o autobús non cumpre os horarios.
Para regresar á súa casa tarda unha hora e moitas veces non chega a tempo para recoller aos seus fillos.

Suscribirse ao rss

Arquivado en: casos, mobilidade     
8 Comentarios   



Artículos más Nuevos »
  • Artigos Novos
  • Comentarios Novos
  • + Comentados
  • O Servizo Público de Transporte Metropolitano é una prioridade para a veciñanza da Comarca de Vigo
  • Plan Veciñal de Mobilidade en datos
  • Conferencia “O futuro do tren de proximidades en Galicia”
  • Campaña “Por unha mobilidade efectiva” aprobada pola asemblea da FAVEC
  • O novo Plan de Tráfico debe contar coa participación das forzas vivas da cidade e contemplar a creación do Transporte Metropolitano
  • Unha cidade da envergadura de Vigo non pode permitirse ter un servizo de transporte público tan precario
  • A nova humanización da Porta do Sol no fixo senón empeorar a mobilidade e servizos na zona
  • O movemento veciñal da área de Vigo reúnese este sábado para afondar no transporte metropolitano
  • A solución para dar saída ás prazas de residentes dos novos parkings é a baixada significativa dos prezos das concesións
  • As federacións veciñais da área metropolitana de Vigo levarán a cabo unha campaña conxunta para reivindicar a creación urxente do transporte metropolitano
  • andrea en A nova humanización da Porta do So…
  • admin en A nova humanización da Porta do So…
  • juan en A nova humanización da Porta do So…
  • Carlos R. en "Para coller o Vitrasa teño que es…
  • Laura en "Para coller o Vitrasa teño que es…
  • admin en Xornadas “A mobilidade en Vigo e …
  • Carlos R. en Xornadas “A mobilidade en Vigo e …
  • Javi P.M. en Dende Chapela a Coia unha hora e vi…
  • En Vigo non imo… en Cóntanos o teu caso
  • nan en Unha hora de Valadares a Teis. Non …
  • "Para coller o Vitrasa teño que estar unha hora antes na parada" (8)
  • A nova humanización da Porta do Sol no fixo senón empeorar a mobilidade e servizos na zona (3)
  • Xornadas “A mobilidade en Vigo e área metropolitana: análise e propostas” (2)
  • Dendo o Calvario a Porta do Sol. Máis rápido andando que en autobús (1)
  • Da Avenida Hispanidade a García Barbón. De ruta turística por Vigo no circular. (1)
  • Unha hora de Valadares a Teis. Non me da tempo a comer na casa. (1)
  • Cóntanos o teu caso (1)
  • Dende Chapela a Coia unha hora e vinte minutos (1)

RSS Feed descoñecido

En Vigo non imos esperar máis

©2012 En Vigo non imos esperar máis

WordPress Themes por Irish Band & Steel Band. Traducido y modificado por Trazos Web