Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Medio Ambiente

Instamos a Xunta e Concello a intensificar a inspección e sanción das verteduras no Río Lagares.

Venres, 20 Agosto 2010

Desde a Federación Veciñal “Eduardo Chao” de Vigo queremos manifestar publicamente a nosa preocupación perante o feito de que practicamente o 80% das verteduras ilegais no Río Lagares denunciadas por parte da Concellería de Medio Ambiente a Augas de Galicia, non provocasen apertura de expediente sancionador por parte da administración autonómica.

É de público coñecemento, e polo tanto unha realidade coñecida polos responsábeis políticos, que no curso do Río Lagares se seguen a perpetrar verteduras ilegais que contaminan as súas augas, cun impacto ambiental evidente sobre dun hábitat que debera ser protexido por parte das administracións públicas.

>>Seguir lendo

A FAVEC DEMANDA DO CONCELLO INFORMACIÓN DE COMO AFECTA O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL

Martes, 16 Marzo 2010
Perante as múltiples demandas de información por parte da veciñanza viguesa e tendo en conta os múltiples proxectos relevantes para o futuro da cidade (estación depuradora do Lagares, rexeneración da praia de Samil, Xunqueira do Vao, litoral de Oia, a Guía, etc.)  a Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” demanda do Concello de Vigo unha serie de informacións urxentes para a cidadanía.

Valoración do auto xudicial sobre o aterrado do Areal

Martes, 02 Marzo 2010

Antón Sánchez, o representante da Federación Veciñal e secretario da Plataforma pola Defensa da Ría, publica nesta web a valoración acordada verbo do auto xudicial sobre o aterrado do Areal por parte da Autoridade Portuaria de Vigo.


Xornada sobre o coidado dos humedais como resposta ao cambio climático

Luns, 25 Xaneiro 2010
A Xunta de Galicia e CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divullgación Ambiental de Galicia) organizan a xornada "Coidemos os humedais. Unha resposta ao cambio climático". O martes 2 de febreiro no Castelo de Santa Cruz, en Liáns no concello coruñés de Oleiros

Vigo segue sen punto limpo

Xoves, 17 Decembro 2009
Despois de anunciarse publicamente e ler na prensa titulares como: “Vigo tendrá ocho puntos limpios para que los vecinos depositen residuos” e a pesar de estar xa contemplados no PXOM seguimos sen un punto limpo na cidade
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
Resultados 1 - 9 de 33