| Sen eventos |
Novas
O anuncio realizado onte por parte do Goberno Portugués de que se suspenderá a conexión ferroviaria entre a nosa cidade e Valença do Minho, suporá a eliminación da única conexión por tren que une Galiza e Portugal, menoscabando a necesaria e positiva relación de ambos territorios no marco da Eurorexión Galiza-Norte de Portugal.
A Federación Veciñal de Vigo ven de lanzar unha recollida de sinaturas on line na súa páxina web contra da suba do recibo da luz.A través dun formulario dispoñíbel na portada do sitio web www.eduardochao.org, toda persoa que o desexe poderá asinar unha carta dirixida ao Ministro de Industria, Miguel Sebastián na que se lle solicita a paralización da suba prevista para este mes así como un sistema tarifario socialmente xusto.
O movemento veciñal oponse á prohibición de acceso ao Pleno a quen porte carteis ou a quen tivera participado presuntamente en incidentes previos.
A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao” ven de remitirlle, a través do rexistro telemático do Concello, unha carta ao Alcalde na que lle demandan que proceda á rectificación urxente das medidas que se teñen adoptado dun tempo a esta parte e que dificultan o acceso da cidadanía ás sesións plenarias.
Na mañá de hoxe tivo lugar a concentración convocada pola Federación Veciñal de Vigo contra o incremento do prezo da electricidade. Varios centos de persoas secundaron o chamado da FAVEC baixo o lema “Non á suba da luz. Por un sistema tarifario socialmente xusto.
Terá lugar a partir das 12h da mañá fronte as dependencias de Gas Natural – Unión Fenosa na nosa cidade.
Tal e como anunciara días atrás, a Federación Veciñal de Vigo ven convocar unha concentración cidadá contra da suba da luz prevista para o mes de marzo. A mobilización que se celebrará baixo o lema “Non á suba da luz. Por un sistema tarifario socialmente xusto”, terá lugar fronte as dependencias de Unión Fenosa (Travesía de Vigo 204), este sábado 26 de febreiro a partir das 12h da mañá. A convocatoria xa foi comunicada á Subdelegación do Goberno.

A Federación Veciñal de Vigo ven de solicitar perante o Secretario Xeral do Excmo. Concello de Vigo, intervir na vindeira sesión plenaria que se celebre, co obxecto de defender unha proposta de moción que presentou no Concello contra a suba do recibo eléctrico.
A Federación Veciñal de Vigo convoca ao conxunto da veciñanza viguesa a secundar un apagón reivindicativo o vindeiro 15 de febreiro, coincidindo co Día do Consumidor. Desde o colectivo veciñal fan un chamamento a que a partir das 22h do próximo martes 15 e por espazo de 5 minutos se apaguen todas as luces e se desconecten todos os aparellos eléctricos.
A Federación Veciñal acordou na súa última asemblea xeral a realización dunha campaña reivindicativa, en todos os barrios e parroquias da cidade, contra da nova suba do recibo da luz, por acordo do goberno central, que previsibelmente terá lugar no mes de marzo e que podería atinxir até un 10% de incremento o que se sumaría a subas anteriores.
Fan un chamamento ás organizacións sociais da cidade a se pronunciar contra desta medida e amosan a súa disposición a participar e mesmo promover procesos de mobilización social.
Na tarde de onte celebrouse nos locais da federación unha Asemblea Xeral Extraordinaria da FAVEC, na que entre outros asuntos abordouse a situación das caixas de aforro tralos recentes anuncios feitos polo goberno central.

Após case seis meses de intenso traballo e non poucas dificultades, as cen familias que residen nas vivendas protexidas promovidas pola Federación Veciñal en Barreiro, están a piques de ver completamente solucionado o grave problema que afectaba ao seu suministro eléctrico, que até agora dependía dunha moi precaria “luz de obra”.