Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Portada arrow Novas arrow Convivencia

Convivencia

A Federación Veciñal de Vigo pide ao goberno galego unha rectificación na súa política lingüística

Xoves, 04 Marzo 2010

Atopamos excesivos os esforzos que se están realizando dende o goberno galego para limitar o emprego do noso idioma en lugar de promocionalo activa e progresivamente, tal como establece a Lei de Normalización Lingüística, aprobada hai máis de vinte anos e que consideramos que xa é hora de modificar de cara a darlle ao noso idioma máis presenza real na sociedade e en todos os ámbitos aos que durante todos estes anos non se foi capaz de chegar nin asentar.

A FAVEC FELICITA A UNIVERSIDADE DE VIGO POLO ESFORZO PARA CONSEGUIR O CAMPUS DO MAR PARA VIGO

Luns, 01 Marzo 2010

Felicitamos a Universidade de Vigo polo esforzo e traballo que está realizando  para conseguir o Campus do Mar para a nosa cidade.

Dende a FAVEC valoramos especialmente o compromiso da Universidade coa identidade pesqueira e Mariña de Vigo porque á potencia pesqueira do noso Porto súmaselle o sermos pioneiros no descubrimentos de moitos bancos de pesca do mundo.

A Federación Veciñal pide que se volva ao consenso lingüístico e se evite a crispación social

Xoves, 11 Febreiro 2010

O actual decreto lingüístico foi o resultado do desenvolvemento dun Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por consenso parlamentario en 2004. Este decreto estase aplicando na actualidade con toda normalidade nos centros de ensino (tal como recoñece o propio secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo)...

MoveVigo Nadal´09

Martes, 22 Decembro 2009
A FAVEC e Concellaría de Cultura do Concello de Vigo presentan o programa MoveVigo Nadal´09. Un completo programa para toda a familia con 95 actividades que ata o vindeiro 6 xaneiro que extenderán o nadal a 26 barrios e parroquias da cidade, coas asociacións veciñais como punto de encontro, centros de participación e lecer

MoveVigo Magosto´09 fará que as festas do magosto se vivan nos barrios e parroquias da cidade

Luns, 09 Novembro 2009
Ata o vindeiro 29 de novembro o movemento veciñal convida a toda a cidadanía a revivir os magostos. Comeza un intenso programa cultural cheo de espectáculos, música, actuacións e actividades en torno á festa da castaña en 26 asociacións veciñais da cidade
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>
Resultados 1 - 9 de 37