Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Portada arrow Novas arrow Infraestructuras

Infraestructuras

Instamos a Xunta e Concello a intensificar a inspección e sanción das verteduras no Río Lagares.

Medio Ambiente
Venres, 20 Agosto 2010

Desde a Federación Veciñal “Eduardo Chao” de Vigo queremos manifestar publicamente a nosa preocupación perante o feito de que practicamente o 80% das verteduras ilegais no Río Lagares denunciadas por parte da Concellería de Medio Ambiente a Augas de Galicia, non provocasen apertura de expediente sancionador por parte da administración autonómica.

É de público coñecemento, e polo tanto unha realidade coñecida polos responsábeis políticos, que no curso do Río Lagares se seguen a perpetrar verteduras ilegais que contaminan as súas augas, cun impacto ambiental evidente sobre dun hábitat que debera ser protexido por parte das administracións públicas.

>>Seguir lendo

A Federación Veciñal reúnese, por vez primeira, coas e cos propietarios das vivendas de Barreiro.

Urbanismo
Sábado, 17 Xullo 2010

Unha delegación da Comisión Permanente da Federación Veciñal, integrada polos tres administradores-mancomunados da Promotora Eduardo Chao SLU (María Pérez, como Presidenta; Xabier P. Igrexas, como Secretario; e Valentín Bernárdez, como Vogal de Urbanismo da FAVEC) e máis os vogais Eduardo Fernández e Fran Piñeiro, mantiveron unha asemblea coas e cos propietarios das cen vivendas construídas pola promotora da federación en Barreiro (Lavadores).

Desde que se iniciou o proxecto das vivendas de Barreiro, esta foi a primeira vez na que a dirección da FAVEC se reuniu directamente coas propietarias e propietarios, que viñan demandando esta xuntanza desde había meses á anterior Comisión Permanente.

>>Seguir lendo

O transporte metropolitano é unha prioridade para os Vigueses

Transporte
Sábado, 01 Maio 2010
Sen mais información ó respecto da que se recolle na web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, atrevémonos a afirmar que a proposta que se fai dende a Xunta de Galicia en materia de Transporte Metropolitano é do maior interese para os veciños e para o Concello da Cidade de Vigo.

A Favec colabora co concello da Guarda na 3º etapa do Camiño de Santiago pola Costa

Transporte
Luns, 19 Abril 2010

monolitoEn coincidencia coa iniciativa do Concello da Guarda, que o sábado dia 24 levará a cabo a 3ª Etapa da Peregrinación na que participan 200 veciños do Baixo Miño, a Federación Eduardo Chao publica o segundo folleto da Guia que estamos a elaborar para divulgación do traxecto do Camiño a Santiago pola Costa, e convida a veciñanza de Vigo a participar nesta andadura.

  • Cando: sábado 24 de abril.
  • Onde: saída de Baiona ás 7.30h. da mañá dende a igrexa de Santa Liberata.
  • Cruzará polos sendeiros e rúas do Concello de Vigo, para finalizar en Trasmañó aproximadamente ás 17.00h.
  • Guía do Camiño Baiona-Redondela.

A FAVEC DEMANDA DO CONCELLO INFORMACIÓN DE COMO AFECTA O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL

Medio Ambiente
Martes, 16 Marzo 2010
Perante as múltiples demandas de información por parte da veciñanza viguesa e tendo en conta os múltiples proxectos relevantes para o futuro da cidade (estación depuradora do Lagares, rexeneración da praia de Samil, Xunqueira do Vao, litoral de Oia, a Guía, etc.)  a Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” demanda do Concello de Vigo unha serie de informacións urxentes para a cidadanía.
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
Resultados 1 - 9 de 115