Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

Portada arrow A Federación

A Federación

PDF   Correo-e
Luns, 04 Decembro 2006
índice de artigos
A Federación
Quen somos
Obxectivos
Misión
Comisión Permanente
Estatutos

A Federación Veciñal de Vigo "Eduardo Chao" (FAVEC) nace da necesidade de dar resposta conxunta, por parte do movemento veciñal vigués, aos retos e demandas que unha grande cidade como Vigo comeza a manifestar a partir do seu momento de maior desenvolvemento.

Na actualidade representamos un auténtico punto de encontro para a cidadanía, a vertebración da convivencia nos barrios e parroquias e funcionamos como centro de cohesión e eixo de presión sobre as administracións para obtermos resposta ás reivindicacións da cidadanía dos distintos barrios no seu conxunto.

Hoxe, máis que nunca, resulta imprescindible estarmos xuntos, representar sensibilidades distintas, ser a voz dos excluídos e dos apartados, pero sobre todo ser os auténticos gardiáns das promesas e compromisos que se adquiren ante a cidadanía.