| Sen eventos |
A Federación | índice de artigos |
|---|
| A Federación |
| Quen somos |
| Obxectivos |
| Misión |
| Comisión Permanente |
| Estatutos |
A misión fundamental da FAVEC é a de “Contribuír a que en Vigo a veciñanza mellore a súa calidade de vida e a que o movemento veciñal sexa un referente na vertebración social da cidade.”.
É mester contextualizar o significado de cada expresión para chegar ao coñecemento profundo da misión da Federación Veciñal:
“Contribuír a que en Vigo...”
A FAVEC, e en xeral o movemento veciñal, é un axente implicado nun territorio específico coma Vigo, tanto nas súas parroquias como nos seus barrios, así como na globalidade da cidade. Non é o único pero si representa a unha poboación ampla, estea ou non asociada.
“... a veciñanza...”
Os destinatarios últimos da acción veciñal, tanto da federación como das asociacións, son os veciños e veciñas como individuos que habitan un territorio e como grupo humano que ten unhas necesidades de espazos para xerar relacións, comunicación e vínculos interpersoais.
“...mellore a súa calidade de vida…”
A calidade de vida da veciñanza é o eixo central da acción veciñal, tendo que contemplarse tanto na súa dimensión material (infraestruturas, espazos para a convivencia, medio ambiente, etc) coma na súa dimensión inmaterial (educación, cultura, ocio, memoria histórica, etc). Fai referencia á cobertura de necesidades básicas (subsistencia, traballo, seguridade, relacións interpersoais, etc) así como necesidades de autoestima (ser aceptado nunha comunidade, poder desenvolverse como persoa dentro desa comunidade, etc). Non se quere considerar dende a perspectiva de individualismo consumista.
“... o movemento veciñal sexa un referente...”
A FVEC en canto entidade de segundo orde (os seus asociados son as asociacións veciñais) ten a responsabilidade de liderar o movemento veciñal, atendendo ás distintas sensibilidades e puntos de vista dos seus membros e buscando puntos de encontro que posibiliten definir un modelo de actuación coordinado e coherente coa súa misión.
“...na vertebración social da cidade.”
Complementariamente a buscar a mellora da calidade de vida, a FVEC ten un papel determinante en promover que a sociedade viguesa se organice e participe, a que se atendan a tódolos segmentos de poboación (nenos, maiores, colectivos con risco de exclusión social) e a que se coide o entorno e a identidade da veciñanza.