AA.VV. Federadas
Listado
Balaídos - Val do Fragoso Val Miñor 1-3
36210 Vigo
Teléfono
986 29 65 78 / 986 20 68 05
Fax
986 29 65 78
Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidente
Manoel Guerra Ferreira
Presentación
No ano 1979 organízanse un grupo de veciñas e veciños que forman unha xunta xestora, xermolo da actual asociación. A asociación veciñal xorde como resposta cidadá ante as diferentes problemáticas que preocupaban daquela á veciñanza do barrio.
As accións máis destacadas no comezo da súa andaina foron a loita pola mellora das rúas e as primeiras reivindicacións sobor do Río Lagares e a súa contorna.
A asociación pronto se configura como o motor dinámico do barrio, ofrecendo actividades e servizos que tentan paliar as necesidades sociais, e exercendo de voz activa na defensa dos intereses da veciñanza, tendo como obxectivo esencial conseguir os maiores niveis de benestar para a cidadanía residente no barrio.
A actividade da asociación estrutúrase de maneira triangular abarcando tres ámbitos fundamentais de actuación :
Cultura. Coa organización de actividades e eventos culturais como o San Xoán, Magosto, charlas, video-forum, ceas, festivais, concertos, teatro, Fin de Ano, Entroido, Club de Tempo Libre e un longo etcétera. Tamén contamos cunha atractiva oferta de cursos de : pintura, gaita, coiro, baile moderno, guitarra, costura, baile galego, bordado, debuxo, aerobic, tai chi, ioga, encaixe de palillos, ximnasia, manualidades e xadrez para nenas/os.
Reivindicación. Exercendo de voz firme na defensa dos intereses da veciñanza, demandando das administracións solucións aos problemas do barrio (tráfico, humanizacións, transporte público…).
Participación. Sen participación social non existe democracia posible. Sen unha cidadanía activa e participativa a democracia está devaluada e todo queda baixo o control de maquinarias partidarias, económicas ou mediáticas, afastadas en moitos casos das necesidades das persoas. A asociación é sen dúbida un instrumento excepcional para a participación social.
Aspiramos a facer da asociación un grande espazo aberto, para iso abrimos as portas da asociación a todas as persoas, a todas as veciñas e aos veciños. Queremos que coñezan a nosa actividade, que participen dela, non como meros receptores pasivos: aspiramos a facervos protagonistas.
As socias e os socios da asociación son as/os verdadeiros protagonistas da vida asociativa. Queremos que vos impliquedes, que vos sumedes a este proxecto, que acheguedes ideas, propostas, suxestións e tamén, por que non, críticas.