AA.VV. Federadas
Listado
Bouzas - Dr. José Casás Rúa do Pazo, 2
36208 Vigo
Teléfono
886 113 672
Fax
986 238 047
Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidente
José Manuel Vidal San Gabriel
A Asociación de Veciños “Dr. José Casás” da Vila de Bouzas nace a finais dos anos setenta, pois ata entón estaba asociada coa de Alcabre, tendo a súa sede en distintos enderezos, sempre prestadas xentilmente por algún veciño, ata que no ano 1995 o Concello constrúe o edificio no que estamos actualmente, situado na Rúa do Pazo 2.
De sempre as distintas directivas veciñais, unhas con mandatos mais laboriosos que outras, estiveron ao servizo da comunidade, a cal, ano tras ano, vai ascendendo, chegando neste momento aos 15.000 cidadáns residindo no barrio
Esta asociación está orientada a prestar o maior servizo á comunidade, pois pensamos que o movemento veciñal non só está para casos grandes do urbanismo, senón que estamos a atender ao veciño en moitas cousas para as que no Concello se atopa con mil e unha trabas, nestes casos traballamos para informar e axudar en todo tipo de trámites.
Bouzas posúe unha importante comunidade de xente maior, polo que dende a asociación debémonos na obriga de loitar por eles para que os nosos parques e paseos estean en perfectas condicións para poder ser gozados por eles e toda a veciñanza.
Outra área de traballo céntrase na comunidade xuvenil para os que desenvolvemos múltiples modalidades de entretementos entre os que destacan aqueles de caracter deportivo que se levan a cabo no polideportivo, e xa no verán na praia mesma, con distintos trofeos para as nosas numerosas festas.
Nestes últimos anos estamos a actuar de forma activa para incrementar a nosa masa social. Nesta liña vimos de montar un cíber na biblioteca da asociación, que conta con seis ordenadores conectados a internet as 24 horas con fotocopiadora incluída; esta infraestrutura permítenos desenvolver clases de iniciación á informática os martes. Todo é gratis e compleméntase cunha biblioteca aberta 14 horas diarias os trinta días do mes ininterrompidos.
Non podemos esquecer os máis cativos da parroquia, para eles temos todos os domingos unha sesión de cine na que moitas veces chegamos a encher o local de nenas e nenos.
Dende a Asociación de Veciños “Dr. José Casás” seguimos traballar para facer partícipes ao maio número de veciños e veciñas na actividade e fins da asociación. Cantos máis participedes máis faremos do noso espazo un lugar dinámico e aberto ao barrio e á súa veciñanza, un auténtico espazo para todos e todas.
Se participas non só tes moito que aprender e gozar, senón que todos unidos podemos facer grandes cousas e loitar polo que creamos que cada día nos pode facer mellorar.