Enquisa

Transporte
¿Vigo e a súa área precisan dun transporte metropolitano?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Inicio arrow AA.VV. Federadas arrow Listado arrow Cabral - Santa Mariña

A.V "Santa Mariña"

Avda. Santa Mariña, 95
36318 Vigo

Teléfono
986 25 07 03

Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver

Presidente
Luis Rodríguez Pérez


Presentación

ImageDa man duns cantos veciños e veciñas conscientes da precariedade que estaba a vivir a parroquia, e sabedores das súas necesidades, nace o 6 de abril de 1976 a Asociación de Veciños “ Santa Mariña” de Cabral.

Daquela, igual que noutros medios rurais, carecíase de camiños, luces, auga e saneamento, así como das condicións máis elementais para ter unha convivencia digna. Foi para conseguir moitas destas melloras polo que se xuntaron e crearon a entidade.
Grazas ao bo facer desta asociación, hoxe Cabral é unha das parroquias punteiras no rural vigués, fito que agradecemos á veciñanza que naquel día tomou a iniciativa de poñerse á fronte da parroquia e reivindicar para ela todo aquilo que se precisaba.

Que facemos

ImageNa A.V. de Cabral seguimos traballando a reo para conseguir as melloras para o noso barrio. Se non fose pola asociación, estariamos apartados do desenvolvemento da cidade. Por iso agora e sempre apelamos a que as asociacións sigan vivas e reivindicativas, procurando sempre melloras para os cidadáns e tentamos que nosa sexa o mellor modelo.

O facer da asociación non se detén nas infraestruturas, senón que representa un punto de encontro para os habitantes de Cabral e arredores.

Na asociación poñemos á disposición da parroquia espazos libres para facer deporte (pistas deportivas de fútbol sala, petanca, pista cuberta e pista de patinaxe) e organizamos diferentes competicións e torneos ao longo do ano.

Traballamos a cultura promovendo a formación na música e nas artes tradicionais e dando apoio aos grupos de parroquia ademais de facilitar o uso das instalacións necesarias para a posta en escena de calquera evento de gran capacidade.

Os obradoiros e cursos son unha constante na nosa oferta anual, formación que vai destinada tanto á familia en xeral como ás demandas específicas por rangos de idades. Esta oferta é moi variada e está sempre aberta á introdución de novas propostas segundo a demanda e participación.

Durante todo o ano organizamos moitísimas actividades de convivencia nas que Cabral dá mostra da parroquia viva que é. Deste modo ao longo do ano sucédense festas e eventos como a Semana das Letras Galegas, o Outono Cultural cos seus Magostos, a Piñata de Entroido, ademais doutras actividades como os intercambios culturais, ceas, excursións, festas tradicionais.. Todo para que as nosas xentes gocen do pracer que supón compartir veciñanza.

Achégate e participa

ImageAo asociarte estás compartindo a iniciativa de moitos cidadáns que se xuntan para mellorar a súa vida e a dos seus. Gozas da oportunidade de ser membro dunha entidade que conta con un amplo patrimonio cultural, deportivo e humano.

Os asociados teñen dereito a todos aqueles servizos que a asociación ofrece a nivel cultural, deportivo, asesoramento xurídico e de intermediación nos problemas veciñais. Serás ademais electo e elixible para todos os cargos da entidade.

Toda unidade familiar terá dereito a participar en todas as actividades que fai a asociación, sendo moitas de carácter gratuíto. En definitiva, pasarás a formar parte da familia asociativa da que se compón a Asociación de Veciños de Cabral e todas as asociación veciñais de Vigo; así que non agardes máis e acude xa a informarte no noso local social.