Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Portada arrow AA.VV. Federadas arrow Listado arrow Parada, Maceiriña- Rúas e Fontes

A.V. de Parada - Maceiriña "Rúas e Fontes"

Rúa Maceiriña, 31
36215 Vigo

Teléfono
986 48 65 92

e-mail
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver

web
www.ruasefontes.es.tl

Presidente
José Iglesias Fernández

Presentación

A Asociación de Veciños de Parada-Maceiriña “Rúas e Fontes”, nace a finais dos anos setenta, como continuación da unión de un grupo de veciños e veciñas, que vendo como o Concello non facía nada no barrio para dotalo de camiños, saneamento, auga e electricidade, decidiron pola súa conta facer eles coas súas mans e achegas económicas ditas obras.

Logo de involucrase na realización comunitaria das devanditas obras, decídese dar continuidade a esta unión e materializala nunha asociación veciñal, configurando unha entidade que pronto contará con máis obxectivos que acadar a consecución das obras pendentes, como dotar a parroquia dunha oferta cultural de calidade e contribuír á participación de toda a veciñanza na súa comunidade.

Que facemos

Actualmente desenvolvemos unha serie de actividades periódicas abertas á participación de toda a veciñanza xa sexa no ámbito deportivo con ximnasia e aerobic, ou en moitos outros ámbitos cun enfoque máis formativo e cultural como os cursos de canto, teatro, cursos de música tradicional (Gaita, Pandeireta..), clases de baile de salón. Achegamos ademais as novas tecnoloxías á veciñanza con cursos de informática básica (Word, Excel..).

Ao longo de todo o ano facemos partícipe a toda a veciñanza da parroquia das festas tradicionais do noso calendario como son a Fogueira das Candeas (Febreiro), Baile de Carnaval, Maio Cultural, Fogueira de San Xoán e o Magosto, aínda que non fai falla agardar a estas datas para gozar todos xuntos doutros moitos momentos agradables como son os Ciclos de Bandas Populares, as representacións teatrais e as proxeccións de cine.

Achégate e partipa

Invitámosvos a que nos visitedes, a que coñezades unha oferta aberta a todos e todas vós, a que participedes das festas da parroquia e gocedes das nosas instalacións, entre as que caben salientar o auditorio, a biblioteca, a cafetaría, o campo de petanca, o campo de usos múltiples, e un divertido parque infantil para os máis pequenos, ademais dunha ampla zona axardinada con mesas ao aire libre, onde gozar dun día de descanso coa vosa familia.