Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

Portada arrow AA.VV. Federadas arrow Listado arrow Centro - Fonte do Galo

A.V. "Fonte do Galo"

PDF   Correo-e
Venres, 26 Xaneiro 2007

Travesía Rosalía de Castro 41z baixo
36201 Vigo

Teléfono
886 12 54 29

Fax
886 12 54 29

e-mail
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver

web
www.fontedogalo.es

Presidente

Enrique Soto


Presentación

ImageA A.V. Fonte do Galo, Vigo–Centro, fúndase no ano 1986 co obxectivo principal de dar solución á problemática que se presenta ante o anuncio da construción dun paso elevado que conectaría a autoestrada co porto de Vigo.

Despois de duras e prolongadas negociacións coa administración por parte dunha veciñanza que obtén a forza da unión e que incluso chega a manifestarse polas rúas, conséguese ao fin o cambio do proxecto segundo as reivindicacións, coa construción dos actuais túneles subterráneos.

Que facemos

ImageFonte do Galo traballa para que nun barrio novo e populoso as súas xentes se coñezan e vivan o movemento veciñal. Aínda coas limitacións que supoñen a ausencia de grandes espazos abertos para celebrar eventos e conmemoracións esta asociación está a organizar e manter unha programación para que a veciñanza do barrio se xunte, se coñeza e conviva, como a celebración dunha xornada de cata de viños e degustación de caza.

Grazas a esta entidade a veciñanza do centro pode gozar dun local social que reborda actividade durante todo o ano; neste sentido organízanse conferencias, charlas, obras de teatro, concertos, exposicións e desenvólvense diferentes cursos e actividades acordes coas demandas da veciñanza, como informática, tai chi, danza oriental, bailes de salón, pintura ao óleo, manualidades, decoración e moitas máis.

Os nenos e nenas gozan dunha programación específica á súa medida, con festas exclusivas en carnavais, talleres en Nadal e un grupo de teatro infantil que fai as delicias de pais e nenos nas súas representacións. Promovemos entre eles a práctica do deporte, para iso temos unha escola deportiva onde todos e todas poden practicar o fútbol sala e ter oportunidade de participar nas competicións organizándose nos equipos federados aos que a asociación facilita os equipamentos, adestrador e instalacións para a práctica do deporte.

A asociación funciona como servizo de atención e asesoramento da veciñanza da zona centro en todos os campos que representen unha mellora na calidade de vida comunitaria e individual, facendo forza e buscando solucións ás problemáticas urxentes entre as que cabe lamentar a dos ruídos.

Achégate e participa


ImageO socios e socias dispoñen de moitas vantaxes como son a información e facilidades nos trámites habituais coa administración, ademais de ter a oportunidade de participar en todas as actividades que desenvolve o centro.

Cantos-as máis sexamos e máis xuntos-as esteamos, máis forte será a nosa asociación veciñal e máis forza teremos á hora de solicitar melloras para o noso barrio, que é o noso fogar.
En Fonte do Galo temos as portas abertas á vosa participación e precisamos dela para poder seguir crecendo, seguir facendo moito máis e ofertar un maior número de actividades, que serán a que vós demandedes.