| Sen eventos |
AA.VV. Federadas
Listado
Coia - Camiño Vello Rúa Marín Nº 1
36209 Vigo
Teléfono
986 20 59 42
Fax
986 12 51 01
Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidenta
María Villaraviz
Coia, un barrio en movemento: de Camiño Vello a Camiño de Coia.
Se Coia é un barrio en movemento, a traxectoria da asociación veciñal “Camiño Vello” é o mellor exemplo. Unha entidade que naceu hai máis de tres décadas e que desde entón está a traballar polo desenvolvemento integral do barrio.
Desde os seus comezos, puramente reivindicativos, o topónimo Coia é o seu motor. Coia é polo que esta asociación abre as portas cada día.
Un barrio que tiña como obxectivo dar acollida a miles de persoas de fóra da cidade e das zonas rurais do propio Vigo, Coia tiña problemas urxentes que arranxar: alumeado público, subministro de gas butano, desratización, limpeza... Cuestións polas que esta asociación loitou activamente, contando coa implicación das persoas asociadas, os habitantes da zona. Hoxe en día e grazas á participación e apoio de toda a veciñanza os resultados son notables e Coia representa un modelo de habitabilidade.
Co paso dos anos a problemática do barrio foi mudando, movéndose, e a súa asociación adaptándose á nova realidade para seguir a ser o eixo central do desenvolvemento e da participación no barrio.
A mocidade entrou en contacto coa asociación a través dos equipos de base, desde moi cativos participan nas actividades deportivas, aínda que hoxe en día as actividades máis demandadas polos máis cativos-as son apoio escolar, inglés e informática. Sendo destacable na actualidade a participación no programa de ocio nocturno, Noites Vivas.
As mulleres cobran un protagonismo especial na asociación. Moitas delas dedicáronse a fortalecer a estrutura do barrio, mulleres que se achegaron á asociación a través dos cursos programados pola propia asociación ou subvencionados polas administracións públicas, mulleres
As persoas maiores participan tamén da grande oferta da asociación, sobre todo, a través das excursións e diferentes actividades de convivencia.
Esta entidade traballa con e para a súa veciñanza. En todo este movemento destácase a tramitación de axudas para pintar as fachadas, arranxar os tellados e mellorar a infraestrutura das vivendas de promoción pública de Coia ou xestións para facilitar o trámite das escrituras de propiedade. Nesta liña cabe salientar o esforzo por ofrecer un servizo xeral de atención e información para toda a veciñanza.
Eventos. Na actualidade organizamos eventos como o Día do deporte, o Día d@ Moz@ ou a Festa Veciñal. Estas actividades contan coa colaboración activa de todos os colectivos do barrio, creando así un veciñanza unida.
O que estamos a facer nestas décadas resúmese nunha historia en movemento na que se pode destacar o esforzo de todas as xuntas directivas que pasaron por esta entidade por dinamizar o barrio, o esforzo por promover actividades de convivencia e participación que fagan de Coia o mellor lugar para vivir.
Cantos máis asociados sexamos máis e mellor servizo poderemos prestar en todos os ámbitos e máis cousas seremos capaces de facer todos-as xuntos-as. Ser socio-a activo dunha entidade veciñal é comprometerse de cheo coa realidade que nos rodea: a túa realidade.
Asociarse nesta entidade é contribuír a que o noso barrio continúe en movemento, convertendo o Camiño Vello no Camiño dunha Coia renovada.