Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Portada arrow AA.VV. Federadas arrow Listado arrow Coia - Cristo da Victoria

A.V. Cristo da Victoria

Redondela 6
36209 Vigo

Teléfono
986 23 30 93

Fax
986 23 30 93

Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver

Presidente

Ramón Iglesias


Presentación

ImageA Asociación Veciñal Cristo da Vitoria emprázase na parroquia viguesa do mesmo nome, no barrio de Coia, un dos máis densamente poboados da cidade.
A situación inicial deste barrio, pensado como unha auténtica cidade dormitorio, xurdida ao abeiro do proceso de desenvolvemento industrial dos 60-70, motivaron que servise de lugar de agrupamento para todos os inmigrantes que a cidade estaba a recibir para traballar na industria. Este feito supón a transformación de Coia nunha zona de altos edificios residenciais, cativas zonas verdes e marcada inexistencia de servizos de todo tipo.
Como consecuencia desta realidade, cunha marcada carencia de infraestruturas e servizos na práctica totalidade de sectores da vida cotiá (transporte, saneamento, alumeado público, xardíns, lecer, deporte,...), aparecen as primeiras e tímidas reivindicacións veciñais diante das institucións.
Este será o xermolo da futura A.V. Cristo da Vitoria. Unha entidade que materializa a necesidade de contar cunha unidade de representación que permitise tomar forza aos movementos de reivindicación que no primeiro posfranquismo se estaban a dar en relación á consecución dun mellor nivel de vida para a veciñanza, feito que fai que a actividade da asociación non se cinga a un ámbito concreto, pretendendo, na medida dunhas moi cativas posibilidades, dar resposta ás inquedanzas veciñais.

Que facemos

ImageXa dende aqueles inicios, no distante 1976, a asociación organiza actividades deportivas e culturais, atendendo moi especialmente á potenciación e defensa dos sinais culturais de identidade, sen esquecer o labor puramente reivindicativo.
Grazas a moitos esforzos, colaboración e traballo desinteresado, programamos anualmente unha serie de actividades que dinamizan a vida no barrio e abranguen todos os eidos: actividades deportivas tendo como principio a defensa da práctica do deporte base (Media Maratón Popular de Coia, Encontro Nacional de Petanca, Marcha Ciclista,...), actividades culturais, primando a defensa e potenciación da cultura galega, a todos os niveis, actividades de lecer (Magosto, Sardiñada, Festas no Entroido e Nadal).
Especial mención merece o traballo realizado con e para os nenos e nenas, desde todo tipo de actividades lúdicas (nomeadamente en época de vacacións) que inclúen festas e eventos especialmente pensados para o seu goce e entretemento coma a visita do paxe real, monicreques e teatro infantil, etc.

Achégate e participa

ImageLogo de moitos anos de traballo con distinto mérito e fortuna, é preciso confirmar diante de veciños e veciñas que o proxecto segue a ter valor.
Non só é bo senón que é necesario manter en funcionamento e participar da túa asociación veciñal, por diferentes consideracións entre as que cabe salientar o feito de facer realidade todo tipo de actividades que a carencia de medios e espazos públicos moitas veces impiden desenvolver, pero non é menor en importancia o feito de que estar xuntos e xuntas nas asociacións constitúe un dos medios de participación democrática máis eficaces para toda a cidadanía.