Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

Asociación Veciñal de Coruxo

PDF   Correo-e
Venres, 26 Xaneiro 2007

Avda Ricardo Mella, 296
36331 Vigo

Teléfono
986 46 08 14

Fax
986 46 08 14

e-mail:
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver

Presidente
Ricardo Blanco

Presentación

ImageA A.V. de Coruxo naceu aló polo ano 1976 ao amparo do Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo, onde mantivo a súa sede ata 2003, data en que a asociación pasa a desenvolver a súa actividade nun local propio cedido polo Concello de Vigo.

Que facemos

ImageEn Coruxo existen entidades como o Centro Cultural que funcionan como dinamizadoras da cultura e o tempo libre ou o C.A.M. que dispón servizos e equipamentos para a veciñanza da zona, polo que as tarefas da Asociación de Coruxo se perfilan máis ca como organizadora de actividades, como auténtico motor do benestar da parroquia, procurando e traballando sen descanso pola mellora e consecución das infraestruturas que Coruxo precisa e pola defensa dos servizos básicos para a veciñanza.

Os obxectivos da asociación identifícanse coa xestión dos asuntos e trámites cotiáns que afectan ao desenvolvemento diario da veciñanza (alumeados, limpezas, fontes…) e coa xestión e organización da veciñanza para a toma de decisión e para facer forza en torno a aqueloutros asuntos que a medio prazo afectarán ao desenvolvemento parroquial tales como: beirarrúas e seguridade, transporte, saneamento e abastecemento, EDAR do Lagares, solicitar oficina de correos, solicitar a construción dun Centro Cívico Parroquial e Centro de Maiores.

A asociación é a encargada de formar e informar sobre os temas máis importantes para a parroquia en materia de infraestruturas, deste modo desenvolveu un importante labor informando e asesorando á veciñanza sobre o alcance do PXOM así como fixo unha completa exposición da derradeira ETAP de Coruxo ou levou a cabo un curso de formación urbanística para que a veciñanza gozase dun maior criterio á hora de decidir e actuar.

Para traballar de forma eficaz estamos divididos por áreas nas que existe un directivo que se responsabiliza da coordinación dos equipos de traballo. As directivas reúnense dúas veces ao mes para tratar de unificar os criterios de traballo e intercambiar experiencias. Ademais das reunións das directivas, as asembleas veciñais resultan a canle máis eficaz para coñecer a realidade, debater e posicionarse.

Organizamos na asociación actividades puntuais unhas para xuntar a veciñanza e pasar un bo momento, como a xornada de convivencia de maiores de 85 anos, e outras para recuperar e mostrar o recente pasado da parroquia cunha exposición que proximamente faremos realidade co nome de “O Coruxo que foi”.

Achégate e participa

ImageUnha asociación veciñal está para defender e traballar polo benestar da súa veciñanza. Tan só se poden acadar as cousas dende a fortaleza e esta obtense de dous xeitos:

  • Dispoñendo de diñeiro, contribuíndo con cotas importantes que permitan contratar bos asesores. Reservado só a poucas asociacións
  • Dispoñendo de apoio social, substitutivo do económico, accesible para a maior parte da veciñanza, basta un pouco de tempo e vontade para acadar unhas melloras

Dános o apoio social: participa!