AA.VV. Federadas
Listado
Freixeiro, Pontenova Rúa Pastora, 47
3 6210 Vigo
Teléfono
986 42 02 32 / 699 908 067 / 628 739 027
Fax
986 42 02 32
e-mail
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidenta
Generosa Acosta Bello
Esta asociación comezou o seu traballo no ano 1985 reuníndose en locais prestados ou mesmo en cafetarías ata que en maio do ano 1999 o Concello subvenciona un baixo de 65 m2 na rúa Pastora 47, local que ocupamos e no que desenvolvemos unha intensa actividade dende entón e ata a actualidade.
Atención á veciñanza. O principio fundamental desta asociación é atender as necesidades e queixas da veciñanza tanto a nivel infraestruturas como a nivel de convivencia, seguridade e tráfico que son importantes problemas na parroquia. Atendemos as necesidades sociais facilitando atención psicolóxica a mulleres maltratadas e persoas con problemas de inclusión social e axudando na busca de emprego á mocidade.
Reivindicar. En relación coa anterior e a través da forza que nos dá a unión presentamos peticións e solucións aos nosos problemas perante os distintos organismos. A finalidade é mellorar a calidade de vida na zona e o conseguir o benestar da súa veciñanza.
Facer barrio. Para o que se fai un esforzo na recuperación da historia desta parroquia e en fomentar a convivencia. Con eventos como a Festa do Patrón, perdida dende o ano 60 e rescatada por catro mulleres do barrio.
Facemos barrio coas distintas actividades de ocio, cursos, actividades sociais, culturais, saídas, etc..., mediante colaboración do Concello, Federación e outras administracións que nos permitan materializar os grandes proxectos (aqueles nos que logramos que participe un maior número de xente) e mediante actividades para maiores, nenos e aqueles colectivos máis desfavorecidos.
Para continuar a facer barrio estamos co proxecto de facer un campo de fútbol para os nenos e nenas a partir dun terreo cedido por un veciño na entrada lo paseo do Lagares e na busca dun novo local que nos permita desenvolver comodamente a nosa actividade e seguir crecendo e facendo moito máis.
Facer cidade. Coa coordinación dos esforzos e actuacións coa Federación e outras A.V. traballamos para dar solución a problemas doutros barrios que non nos afectan directamente pero si por solidariedade cos demais barrios e parroquias.
En Freixeiro-Pontenova buscamos sempre facer partícipes a todos os veciños e veciñas do barrio en todas as actividades e eventos que organizamos e involucralos nas necesidades e obxectivos polos que traballamos.
Grazas á unión da veciñanza e o traballo conxunto a través da asociación estamos a conseguir moitas melloras para o noso barrio, non só nas infraestruturas e para a calidade de vida das nosas xentes senón en moitos outros ámbitos. Así recentemente conseguimos que a veciñanza de Freixeiro goce de acceso gratuíto a internet grazas a que un veciño cedeu un local para colocar 6 ordenadores e que así todos os que o necesiten poidan facer uso del.
Queremos animar a toda a veciñanza do barrio a achegarse a esta, a súa asociación, a unirse, a traballar e a pasalo ben, a participar nas actividades e eventos que continuamente estamos a organizar así como convidalos a formar parte do movemento e loitar para que este continúe a ser un referente de desenvolvemento coas vosas novas ideas e proxectos.