AA.VV. Federadas
Listado
Matamá - A Unión Rúa Castro, 19
36213 Vigo
Teléfono
986 20 80 13
Email
---
Web
---
Presidente
Manuel Costas
A Asociación Veciñal de Matamá, como reza o seu nome, ten a súa orixe na unión das xentes da parroquia en torno a diferentes problemáticas que, a comezos da década dos 80 estaban a mermar empeorar a calidade de vida da veciñanza tales como o basureiro vertedoiro de Fonsanta, a ausencia de colectores, problemas de abastecemento e necesidades de novas vías e camiños.
É no 1981 cando unha xunta xestora convoca eleccións que darían como resultado a creación da entidade veciñal que tiña que desenvolver a súa actividade en diferentes locais ata que por fin, e oito anos máis tarde, consegue edificio propio que comparte con outras moitas organizacións da parroquia.
Esta entidade adica dedica o groso dos seus esforzos á mellora das infraestruturas e a potenciar a vertebración social da parroquia. Nesta liña, tan pronto como se lle dea aprobación definitiva ao PXOM comezaremos a traballar polo proxecto dunha grande zona verde e de esparcemento lecer para nenos e maiores así como un grande recinto que aglutine a tódolos todos os colectivos na zona onde actualmente se atopa o recinto de festas.
Outros proxectos polos que estamos a traballar con ilusión son a crecióncreación dun centro de día, unha guarderíagardería e un pabilón pavillón de deportes que nos permita dispoñer de servizos sen necesidade de desprazarnos a outras parroquias
A asociación traballa de forma coordinada con outros colectivos de parroquia como o Centro Cultural, que organiza múltiples actividades formativas e eventos, o que non quita para que dende a asociación teméntamén promovamos unha oferta complementaria e así temos cursos como o de tapicería, restauración, memoria, pintura en tela, óleo e facilitamos o acceso ás novas tecnoloxías coa posta en servizo dunha sala de informática con conexión a internet.
Para dinamizar a vida social da parroquia e crear nela espazos de encontro para a súa veciñanza organizamos diferentes actos e eventos como o recoñecemento aos maiores de 80 anos coa Festa dos Maiores, o xa clásico Certame de Bandas ou a Fogueira de San Xoán.
Animamos a toda a xente a que se achegue a esta asociación para ver a ilusión coa que traballamos pola parroquia, ilusión da que seguramente será contaxiado e é que o cariño e amor por Matamá con facilidade se transmite dos uns aos outros.
Nesta asociación non buscamos aplausos pero tampouco queremos críticas xa que tan só nos move o cariño e o aprecio por facer desde parroquia un espazo moito máis habitable no que as grandes forzas que actúan sobre ela (ampliación da Zona Franca, segundo cinto, PXOM...) non rematen por desmembrar a unión das súas xentes nin mermar diminuír a calidade de vida e servizos da parroquia.
Animamos a participar da asociación á xente recén recentemente xubilada que goza de máis tempo para levar a cabo un traballo que de seguro cheará encherá as súas vidas, pero tamén queremos facer unha chamada á xente xove nova que crea que o seu futuro está na parroquia e dos que agardamos novas ideas porque en Matamá queda todavía aínda moito por facer e todos e todas xuntos-as e unidos-as podemos.