Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

Portada arrow AA.VV. Federadas arrow Listado arrow O Castro - Dr. Fleming

A.V. Dr. Fleming

PDF   Correo-e
Venres, 26 Xaneiro 2007

Rúa Zamora 80 baixo
36203 Vigo

Teléfono
986 48 44 56

Fax
986 48 44 56

Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver

Web
http://www.avfleming.org

Presidente
Alberto Blanco

Presentación

ImageA Asociación Veciñal Doutor Fleming bota a andar coma tal no ano 1990, como iniciativa dun grupo de veciños e veciñas unidos/as para solucionar un problema puntual dun rapaz discapacitado ao que se lle deu solución. Non existía un local social e a actividade resumíase en reclamacións puntuais, queixas concretas e a directiva xuntábase no colexio Doutor Fleming.

A partir do ano 1994 comezáronse a facer algunhas actividades neste colexio e conseguiuse a cesión por parte do concello do actual local. Non sen loita e xestións conseguimos que o concello o habilitase e nós puxemos o resto. A actividade centrouse nas pequenas reivindicacións precisas para manter o barrio nas condicións máis óptimas para vivir nel, chegando despois a problemas de máis calado que precisaron de mobilizacións e cortes de tráfico ( rúa Romil, no contorno de Cedro, peonalización da Praza da Independencia..).

A medida que medrou a asociación púidose dar pulo á vida cultural do barrio e darlle oportunidades á veciñanza de coñecerse e participar en actividades diversas coma excursións, obradoiros, festas, actividades para rapaces, charlas, teatro, etc....

A nosa finalidade é a defensa dos intereses comúns, xa sexa fronte a particulares ou fronte á administración, en materias de urbanismo, cultura, muller, ocio, ..... e todo aquilo que axude a dinamizar o barrio e conseguir unha mellor calidade de vida.

Que facemos

ImageNa asociación temos como actividade fundamental darlle a posibilidade á veciñanza de canalizar as súas inquedanzas e queixas que leven a unha mellora na calidade de vida do barrio. Tamén hai outras actividades vencelladas a cada vogalía que se complementan con cursos variados que serven para coñecerse e manter a forma física, como poden ser tai-chi, ioga, ximnasia; outros dedicados a fomentar a creatividade, como pintura, encaixe de palillos; dedicados á muller como psicoloxía, informática para mulleres. Para os máis maiores actividades específicas de ioga e memoria.

Non nos esquecemos dos máis pequenos/as, con actividades de tempo libre e outras puntuais como na Semana Santa, verán de lecer, Entroido, etc. Para os mozos e mozas, colaboración no programa de ocio nocturno de noites vivas.
No senso do medio ambiente, colaboramos na reciclaxe de aceite usado de cociña, xa que instalamos un punto verde de recollida. Ademais de saídas de educación ambiental como programa de divulgación medioambiental, coñecemento do medio e respecto polo contorno.

Tamén se tenta abordar outras frontes como as novas tecnoloxías cunha cíber-aula e acceso gratuíto a internet; saídas culturais con visitas a lugares de interese histórico-artístico de Galicia e norte de Portugal; empregar os espazos comúns do barrio para actividades da veciñanza como “Tai-chi gratuíto no patio”, “Festa Veciñal”, “Magosto”, “Verán de lecer”, etc. ; participar e colaborar con outras asociacións como Asociación de Xadrez, Club de Petanca, etc..

Achégate e participa

ImageNa asociación podes participar e ser protagonista na mellora do teu entorno máis próximo e a da túa cidade, podendo escoller a área no que máis che guste falando co/a responsable da vogalía correspondente e tamén podes propor cousas novas. Participa e axuda a mellorar tanto a asociación coma o teu barrio, pódelo facer achegándote en calquera momento ao local.