AA.VV. Federadas
Listado
San Miguel de Oia Camiño Currás, 34
36390 Vigo
Teléfono
986 46 05 46
Fax
986 46 05 46
Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidenta
Elvira Vila Bieiro
Esta Asociación nace o 28 de Setembro de 1976 da preocupación dun grupo de veciños interesados en xestionar e dar solución aos principais problemas e necesidades relacionados coa parroquia, promocionar o ensino da cultura, do deporte e crear e apoiar a defensa individual e colectiva dos socios e socias da nova entidade.
Ao longo dos anos as diferentes directivas deron o mellor de seu para acadar logros moi importantes para a parroquia, como foron a compra do terreo e a construción do actual local social (aínda sen rematar), achegar o saneamento a practicamente toda a parroquia, dispoñer de alumeado público, entre outras moitas melloras, creando unha dinámica de asociacionismo que aínda se mantén na actualidade e que conta co apoio e a colaboración das diferentes entidades da parroquia.
A asociación preocúpase e traballa pola mellora continuada da calidade de vida que teñen os seus asociados en particular e os parroquianos en xeral, estando aberta a solucionar os problemas onde se presenten. Promove que todos parroquianos sexan socios e que poidamos ser a asociación de todos co fin de que ninguén se sinta desprotexido cando teña unha necesidade.
Uns dos principais obxectivos é velar por que non se produzan aberracións urbanísticas, polo que dende a asociación facemos forza para facer cumprir os proxectos buscando sempre a mellora de viais e beirarrúas.
O local social no só agrupa entidades da parroquia senón que desenvolve unha intensa oferta de actividades de tempo libre moi importantes para dinamizar a parroquia, cumprindo unha dobre función, que é a de servir á relación social entre as persoas e potenciar o fenómeno da comunicación, algo tan sinxelo pero que moitas veces nos falla, sendo tan precisa nestes tempos nos que vivimos.
Ao longo do ano desenvólvense moitos actos onde os protagonistas son as persoas asociadas que desexan dar mostra do aprendido co seu mellor facer; son actos nos que en ocasións nos sentimos desbordados pola asistencia, por exemplo no intercambio de vogalías, intercambio de corais.
Para todos os traballos e eventos, a asociación conta coa organización e a colaboración da vogalía da muller e da xuventude integradas na directiva da asociación, que veñen a enrriquecer as perspectivas e achegar novas ideas. Todos os compoñentes desta directiva están entregadas a un esforzo continuado por crear un ambiente de cordialidade e harmonía en todos os aspectos que abarca a parroquia e máis esta entidade.
Oia está aberta á participación de todos e todas. Os que aínda non son socios poden achegarse e mirar como traballamos e, ao mesmo tempo, como nos divertimos e somos capaces de darlle facilidades para asociarse e participar nesta relación social diaria tan bonita, na que tantos amigos se fan sen darnos conta.
Esta directiva traballa coa firme intención de que ninguén se sinta forasteiro, todos sexamos socios e socias, e que as portas estean sempre abertas para todos os veciños e veciñas.
Achégate e participa, estamos moi preto de ti para todo o que precises, tan só d¡ se tes un problema, que entre todos tentaremos de resolvelo, agardámoste!