AA.VV. Federadas
Listado
Saiáns - San Xurxo Rúa Eira Vella Nº4
36392 Vigo
Teléfono
986 49 19 18
Fax
986 49 19 18
Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidente
José Rey
Esta asociación goza dunha ampla traxectoria dende que foi constituída en febreiro de 1978. Presidida na actualidade por un dos seus socios fundadores, xa nos seus comezos quixeron reflectir na súa acta de constitución que está baseada nos principios de liberdade, xustiza, igualdade e pluralismo político nunha época na que estas palabras eran aínda de difícil aceptación.
Que facemos
Botando a vista atrás lembramos a loita por conseguir que os terreos da Radio Costeira fosen cedidos como espazo público nos que se puido asentar a Casa Vieira que está a punto de inaugurarse como Centro Cívico C.A.M Saiáns para o orgullo, ledicia e servizo de toda a comunidade.
A asociación puxo en marcha a recuperación dos montes para que fosen de man común e nos que agora existe un marabilloso parque forestal para goce de todos e todas. Involucrouse ademais en crear unha Comunidade de Augas e en traer a auga e o saneamento a Saiáns.
O traballo da Asociación non se detén nas infraestruturas e abarca outros moitos servizos que definen a calidade de vida na parroquia: dende conseguir liñas de transporte axeitadas ata servir de axuda e asesoramento ás familias máis desfavorecidas. Calidade de vida que tamén se obtén dende a convivencia na parroquia para o que a asociación organiza numerosos eventos ao longo do ano como o San Xoán, Magosto, Festa da Amizade o Día do Libro e a Festa de Reis así como deriva de diversas actividades que veñen a enriquecer o coñecemento e formación das xentes con cursos, charlas, exposicións e saídas.

Seguindo cos obxectivos expostos no seu nacemento, esta entidade continúa a traballar coa mesma ilusión que nas súas orixes o que é posible grazas ao apoio e participación da veciñanza. Un apoio e participación que nos permiten seguir a traballar con ilusión por dinamizar a vida na parroquia, por facer todo tipo de eventos e actividades, e por levar a cabo proxectos tan precisos para a parroquia como a humanización do contorno ou dispor dun xeriátrico no que os maiores poidan gozar da mellor atención e calidade de vida.
Son moitos os anos transcorridos e difícil enumerar todas as loitas e logros conseguidos paso a paso co esforzo de toda a veciñanza, que continuamente segue engadíndose a nós.
Agradecemos a axuda de todas as Institucións que fan posibles estes logros, pero, ante todo, dicimos aos veciños-as: non somos ninguén sen a vosa colaboración: Achégate e Participa!