Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

Portada arrow A Federación arrow Actuacións

Actuacións

PDF   Correo-e
Luns, 04 Decembro 2006

A Federación Veciñal, como entidade democrática e representativa, é un organismo dinámico en constante evolución e redefinición segundo a coxuntura e necesidades sociais, en base ás que cobra pleno senso.

Existen, non obstante, unha serie de logros salientables e actuacións que se encadradan nas diferentes áreas de traballo: promoción, convivencia, servizos sociais e infraestruturas.

  • Promoción do Movemento Veciñal

Nesta área a Federación organiza asembleas e xuntanzas ordinarias e extraordinarias que aglutinan ao movemento veciñal para organizarse, debater temas e tomar decisións. Anualmente tamén se organizan dous encontros de especial importancia de cara á dinamización do movemento veciñal: as Xornadas Veciñais e a Grande Festa Veciñal.

As primeiras, que se levan a cabo a principios de ano, serven para poñer enriba da mesa problemáticas, debater propostas, proxectos e liñas de actuación nas diferentes áreas de traballo do movemento veciñal (infraestruturas, transporte, cultura, muller…), así como para avaliar o traballo desenvolto no exercicio anterior. A Festa Veciñal reúne a cada ano no Parque de Castrelos e chegado o verán, á todas as asociacións veciñais para dar a coñecer á cidade a súa oferta e actividade, ademais lévanse a cabo multitude de actuacións, xogos e unha chea de actividades de carácter deportivo, lúdico e cultural.

Ademáis destes eventos, a Federación en colaboración coa COGAVE, oferta un servizo de gabinete lingüístico ás entidades federadas e está a desenvolver un programa de apoio e formación contable nas diferentes asociacións.

  • Convivencia Veciñal

Unha das funcións fundamentais da Federación é a de dinamizar a convivencia nos barrios e parroquias da cidade. Mediante o programa Move Vigo a FAVEC contribúe a que as asociacións veciñais compartan os seus recursos culturais movendo os grupos locais para actuar noutras asociacións; deste xeito vertébranse diferentes programas culturais que abranguen o ciclo anual completo: Nadal-Reis, Entroido, Letras Galegas, San Xoán e Outono Cultural.

Complementariamente o programa Móvete na Rúa leva ás agrupacións actuar e desenvolver os seus espectáculos no centro da cidade para lecer do público e promoción da cultura popular, das agrupacións e das mesmas asociacións. Ademáis a Federación ten unha agrupación propia integrada por máis de 40 artistas que proveñen das diferentes escolas e grupos das asociacións: Moxenas Musical Galego.

  • Servizos Sociais

Froito das necesidades e demanda de servizos por parte do público final: a cidadanía, a Federación traballa por facilitar á veciñanza o acceso á vivenda de calidade a un prezo axeitado e así está a levar a cabo dúas promocións de V.P.A. (Vivendas de Protección Autonómica) unha en Navia baixo a fórmula da cooperativa e outra en Barreiro mediate a promotora Eduardo Chao S.L.U..

Ademáis dunha vogalía específica de Igualdade que organiza diferentes actividades (Xornadas das Mulleres Veciñais, Viaxe ás illas Cíes...) e dinamiza e coordina o traballo das diferentes vogalías de muller das asociacións, dende 1998 a Federación ten articulado un punto de información integral á muller: O Punto Informa, que asesora e pon á disposición das mulleres información e recursos como apoio e axuda ante os malos tratos, orientación laboral e familiar.

Sere@s na Rúa - traballo entre iguais, é outro dos programas sociais que promove esta entidade co fin de mellorar a calidade de vida das persoas máis empobrecidas e en risco de exclusión social. Diferentes subprogramas (punto de calor e café, intercambio de xiringas, reparto de preservativos, asesoramento, acompañamento, visita a chutadeiros e choupanos) son os encargados de dar forma a un programa tamén denominado entre os seus usuarios como “Sere@s na Rúa - o amor que cura”.

A FAVEC fai un labor de defensa constante dos intereses da cidadanía como consumidores, deste xeito non só denuncia e reclama unha mellor xestión e servizos para a veciñanza senón que articula mecanismos de información e presión co fin de obter beneficios para o consumidor. Algunhas campañas que a Federación está a levar a cabo son que finalmente se cobre a auga segundo consumo real, o pago por minuto nos aparcadoiros, melloras no transporte público, a optimización dos recursos existentes e a mellora da atención sanitaria. É destacable o reembolso que a concesionaria municipal de augas tivo que facer aos usuarios por cobros dunha tarifa indebida, todo grazas a un longo proceso contencioso-administrativo emprendido pola FAVEC que ao final deu a razón aos consumidores e obrigou á empresa a devolver os excecivos cobros.

Infraestruturas

O Movemento Veciñal unido na Federación ten moita máis forza para mediar, negociar e resolver problemáticas con outras entidades como o Concello e concesionarias municipais. Deste modo a Federación ten acadado un recente acordo para solucionar o problema dos Colectores Veciñais e para facilitar á vecinanza os trámites e información para pasar a I.T.E. (Inspección Técnica de Edeficacións).

A FAVEC actúa como grupo de presión con máis forza para reivindicar e obter melloras nos barrios e parroquias da cidade. Continuamente o movemento veciñal fai chegar aos medios e administracións as súas queixas e propostas de cidade canalizadas a través da Federación. Representa un paso cualitativo nesta liña de actuación a recente elaboración e tramitación dun informe conxunto que recolle as deficiencias e necesidades de todos os barrios e parroquias da cidade, no denominado Plan de Acción Veciñal (P.A.V.).