Axenda

Sen eventos

Enquisa

Transporte
¿Vigo e a súa área precisan dun transporte metropolitano?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Inicio

A.VV. Da Salguiera "Rosalía de Castro"

Camiño de Lourido s/n
36204 Vigo

Teléfono
986 41 88 99

Fax
986 41 88 99

Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver

Presidente
Manuel Pita

Presentación

ImageA A. V. “Rosalía de Castro” da Salgueira fundouse no ano 1979 co fin de defender os intereses da veciñanza da parroquia e potenciar o seu desenvolvemento económico e das súas infraestruturas. O pioneiro neste labor foi D. Ricardo Aldao Román, que durante moitos anos presidiu esta entidade.

Que facemos

ImageA parroquia da Salgueira, a pesar de estar xeograficamente no centro da cidade, ten un carácter eminentemente rural, polo que a asociación tenta resolver os problemas que teñen os veciños e veciñas en diferentes aspectos relacionados tanto polas características propias do barrio coma nas relacións destes coas distintas institucións oficiais.

Dentro do mesmo local contamos coa Asociación da Terceira Idade que leva a cabo actividades para que os nosos maiores poidan gozar do seu tempo de lecer. O seu labor é fundamental para un barrio coma o noso que presenta unha poboación moi envellecida.

Así mesmo levamos a cabo actividades en diversos ámbitos para favorecer o desenvolvemento persoal de mulleres, nenos e a terceira idade. Un dos cursos máis senlleiros da nosa asociación é o de talla en madeira e taracea no que participan sobre todo persoas paradas e da terceira idade, os cales ademais de aprender un oficio o pasan ben no seu tempo de lecer. Tamén desenvolvemos actividades deportivas para nenos e nenas e cursos para a integración social da muller.

Todos os anos levamos a cabo diversas festas e actos culturais coma o Entroido, Magosto, San Xoán e a Semana Cultural; nestes eventos tentamos achegar aos veciños unha chea de actividades que sirvan ao entretemento e á convivencia na parroquia.

Achégate e participa

ImageSe te achegas á nosa asociación poderás dispoñer de servizos como unha ampla biblioteca con máis de 2.000 volumes adicados tanto á consulta como de literatura en xeral. Terás a posibilidade de pasar bos momentos na nosa cafetaría que é practicamente o único espazo destas características en toda a parroquia.