Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

A.V.C.D. de Sampaio

PDF   Correo-e
Venres, 26 Xaneiro 2007

Casal de Arriba, 6
36215Vigo

Teléfono
986 37 50 51

Fax
986 37 50 51

Presidenta
Carmen Otero Pazó

Presentación

ImageNo ano 1976 un grupo de veciños, perante as importantes carencias de servizos básicos, que está a sufrir o barrio de Sampaio (saneamento, abastecemento, asfaltado, alumeado…etc), decide voluntariamente organizarse co obxectivo inicial de eliminar ou alo polo menos limitar, as devanditas deficiencias.

Esta agrupación orixinou a fundación da Asociación de Veciños de Sampaio presidida inicialmente por Eugenio Docampo durante uns 4 anos ata que toma o relevo Manuel Rodríguez, quen ía permanecer á fronte da diretivadirectiva arredor de 2 anos, para ser relevado por Luís García Sanmartín, quen permanecería na presidencia ao longo de 19 anos ata o seu falecemento en 2001. Dende entón e ata o momento actual, a presidencia está encabezada por Carmen Otero e Antonio Boullosa.

O local orixinal estivo ubicado situado durante oito anos nun baixo alugado nas Ánimas para trasladarse posteriormente ao local que ocupa na actualidade na rúa Casal de Arriba.

Que facemos

ImageA asociación conta con amplas instalacións nas que se imparten cursos específicos como o de encaixes de bolillospalillos, cadros, tapicería, floristería, etc., e clases permanentes de gaita, baile galego, play-back, baile de salón, ximnasia, tai-chi, relaxación, etc.

A formación continuada, o sentimento de pertenza ao grupo e as ansias de mellora provocaron que, de xeito natural, os interesados e interesadas se unisen dando lugar á formación de grupos afinsafíns ás materias impartidas nos cursos como o grupo de baile galego “Vento Mareiro”, que xa conta con 25 anos de historia actuando (tanto na nosa cidade como no estranxeiro), acompañados sempre pola música do grupo de gaitas “Os Zumegallos”. Todo esto isto sen esquecer o talento do grupo de play-back “Fascinante” que fai verdadeiras simulacións dos seus personaxes favoritos, ou o grupo de baile de salón de mais recente creación.

Grazas á asociación os rapaces e rapazas do barrio disfrutan gozan de novos equipamentos como unha sala de internet de libre acceso que resulta no apoio perfecto á búsqueda busca de información, ao estudio estudo e tamén ao ocio. Os mesmos rapaces e rapazas liberan as súas enerxías no campo de deportes da asociación onde disputan intensos partidos, a pesar de que aínda non está completamente rematado, así como dispoñen dunha biblioteca que pouco a pouco vai vendo medrar a súa dotación de obras literarias e de consulta.

Achégate e participa

ImageHoxe en día, baixo o nome de Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Sampaio, contamos cuns 600 socios-as que atopan na Asociación a plataforma perfecta para a loita diaria por unha mellora continua do noso barrio, unha plataforma para o seu desenvolvemento persoal e un punto de encontro que sempre aberto a toda a veciñanza, socios ou non, a todos aqueles que queiran achegarse a facer cousas e a coñecela con máis detalle, porque a todos e a todas nos une un interese común que é facer do barrio de Sampaio un lugar mellor e máis habitable. Coa túa participación estamos seguros de poder acadalo.