AA.VV. Federadas
Listado
Sárdoma - O Carballo Praza de Miraflores, 1
36214 Vigo
Teléfono
986 48 14 75
Fax
986 48 14 75
Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidente
Valentín Bernárdez
A parroquia de Sárdoma ata hai uns anos era rural, terra de agricultores onde se cultivaban bos repolos e moita plantación de millo. A parroquia chegaba ata Praza de España e Pizarro.
O local onde está hoxe a asociación foi feito polos veciños que no seu día foi a casa dos agricultores, no tempo da guerra quitáranlla, logo pasou a ser escola pública da parroquia dende o ano 88 o Concello arranxouna e cedeuna á parroquia por 50 anos.
Foi no ano 70 cando un grupo de veciños decide formar unha comisión para mellorar a parroquia, que supón o comezo da asociación veciñal. Entre todos, faise un pavillón de deportes, métese o 80% do saneamento pagado polos veciños. Comeza entón un desordenado desenvolvemento coa instalación de industrias onde ían comprando terreos e incluso sen vieiros apropiados que configuran hoxe unha parroquia totalmente desestruturada con pequenos polígonos que nin están ben eles nin a veciñanza.
É nos anos 90 cando a asociación toma o rumbo actual para traballar de cara á veciñanza. Fórmase a vogalía da muller e comezan a facerse cursos de formación de todos os tipos. Comeza a escola de alfabetización, fanse saídas culturais, fórmase o Club Nuria destinado aos nenos e nenas da parroquia e recupéranse as festas tradicionais como Maios, Letras Galegas, o Entroido, o San Xoán, Magosto, Teatro, Carreiras de Carros, Folclore Galego, etc,.
Desde hai anos mantemos esta oferta formativa continuada con cursos como os de ximnasia de mantemento, ioga, palilleiras, corte e confección, barro, cociña, escola de baile, gaita e pandeireta, acordeón e zanfona.
Ademais das actividades citadas, os maiores gozan de tertulias, encontros, excursións e do servicio de mediadora social que atende a todos os veciños que queiran que os asesoren ou acompañen a algún sitio onde teña que ir e non saiban.
A asociación vén de firmar un convenio co Concello polo que proximamente os mozos e nenos da parroquia gozarán de balde dunha sala de ordenadores con conexión internet. Ademais bríndanselles espazos, materiais e outras facilidades para que eles mesmos organicen as súas actividades.
A ampla oferta da asociación fai que a xente acuda á asociación e se implique participando nos cursos, actividades e eventos entre os que destaca o Festival Folclórico Internacional no que é exemplar a colaboración que brindan as xentes de toda a parroquia.
Aínda que a día de hoxe a actividade vai decaendo un pouco porque os directivos están cansos de traballar para mellorar a parroquia e porque non teñen axuda ningunha das institucións, existe en Sárdoma moita xente que aínda cre no asociacionismo.
A túa participación é moi importante nunha entidade que está sempre aí, ao lado da súas xentes, coas portas abertas a todo o mundo e disposta a defender calquera problema da parroquia e da súa veciñanza.