Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Portada arrow AA.VV. Federadas arrow Listado arrow Vilar, Gandarón - As Fontes

A.V. As Fontes

Rúa Vilar, 21
36214 Vigo

Teléfono
986 26 22 32

Fax
986 25 34 06

Email

Presidente
Francisco Blanco Blanco

Presentación

ImageNo ano 1978, coa democracia instaurada e dentro da corrente de creación de asociacións veciñais, xorde no barrio de Vilar-Gandarón unha xunta xestora que propicia a constitución da primeira xunta directiva da asociación. Era o 26 de xaneiro de 1980, sendo o seu presidente Eduardo Abeleira Roman cando nace esta entidade co nome de “As Fontes”.

 

Que facemos

ImageDesde a compra do terreo e construción do local social (hai xa 20 anos e sendo presidente Guillermo Riveiro Caride), a entidade dispón de instalacións propias nas que desenvolve asembleas, actos culturais, e realiza numerosos cursos, principalmente organizados pola vogalía da muller: ximnasia, pandeireteiras, cestería e restauración de mobles.

A Asociación encárgase de canalizar diante dos organismos oficiais os diversos problemas e melloras que demandan socios e veciños:

-Melloras viais: creación de beirarrúas, repaso do asfaltado, sinalización e vixilancia efectiva dos límites de velocidade.
-Melloras na limpeza: en cunetas e balados, peticións de máis contedores de recollida selectiva e baldeado máis frecuente.
-Mellora no alumeado público.
-Mellora do saneamento público e servizo de augas.

Respecto ao novo PXOM, a asociación levou a cabo unha intensa campaña informativa e de asesoramento expoñendo os planos que afectaban a este barrio, ademais realizar asembleas cos afectados e implicándose na presentación de diversas alegacións que expresasen as inquedanzas do colectivo veciñal. Planeamento no que continuamos a traballar coa resolución dos temas pendentes que afectan ao deseño urbanístico do barrio.

Na última asemblea xeral, propuxéronse como obxectivos prioritarios alcanzar, coa participación do barrio, a urbanización da rúa Gandarón, troco das canalizacións da auga, solicitar unha liña de autobús e a instalación de semáforos do cruzamento das rúa Alcalde Lavadores-Gandarón.

Noutros ámbitos a asociación está a desenvolver diversas actividades nas que se conxugue o lecer e participación: celebración do Entroido con festa infantil; o Día das Letras Galegas con actividades culturais (poesía, teatro e música galegas); a noite de San Xoán (coa célebre fogueira, sardiñada e festa popular, que rexistra unha multitudinaria asistencia máis aló incluso dos límites da barriada), o Magosto e a Festa de Fin de Ano. Festas e outros eventos contan coa participación dos grupos artísticos e culturais que se forman e teñen o seu espazo na asociación: grupo de baile (Albendeira), música folk (Bailía), e o grupo coral “As Fontes”.

Achégate e participa

ImageEsta asociación precisa da participación para continuar a desenvolver a súas tarefas de mellora que fagan do barrio un lugar moito máis vivible e seguro para a súa veciñanza. Podemos entre todos e todas conseguir os obxectivos que nos marquemos se traballamos xuntos e de forma organizada, para o que resulta imprescindible a base que supón a túa participación.

Participar na asociación significa gozar de información e asesoramento personalizados, dispor dun lugar e uns amigos e amigas ás que acudir para resolver os teus problemas e que goces de novos espazos para a lectura, o lecer, a formación e o tempo libre.