AA.VV. Federadas
Listado
Trav. Vigo - As Nosas Rúas Rúa Doutor Canoa, 5 int
36206 Vigo
Teléfono
986 27 66 95
Fax
986 27 66 95
Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidente
Álvaro Estévez Rey
A asociación “As Nosas Rúas” nace en Marzo de 1980, sendo o primeiro preside Antón Piñeiro Lorenzo, o secretario Manuel Lima González e tesoureiro Enrique Soliño Hermida e o local un aluguer na Travesía de Vigo nº265 interior. Tres anos máis tarde a asociación vai crecendo e créase a vogalía da muller e a asociación de terceira idade “Garatuxa”.
A súa fundación é debida á precariedade do barrio, e para facer oír as demandas da veciñanza ante os organismos públicos, e o dereito a ser escoitados. Dende os primeiros momentos a actividade xira en torno á procura do benestar para a comunidade, a organización de actividades, e facer xuntanzas para poder falar entre as xentes e entenderse co fin de acadar melloras vitais do barrio.
O compromiso da asociación é o dar curso administrativo e facer forza para que resolvan as problemáticas presentadas polos veciños do barrio, así como desenvolver actividades que estes solicitan, de ocio, entretemento e formación para tódalas idades.
A incorporación da asociación de terceira idade “Gaturuxa”, aínda que externa ao que é a asociación veciñal, comparte as instalacións e pasa a enrriquecer a vida da asociación complementando a súa oferta cunha programación específica para os maiores con cursos de memoria e diferentes saídas e excursións.
Esta asociación desenvolve unha intensa actividade formativa e informativa para a integración de tódolos veciños e tamén dos comerciantes e dota ao barrio de diferentes equipamentos tales como unha biblioteca con máis de 2.000 exemplares e unha aula de deportes con ximnasio na que actualmente se imparten clases de tai chi e ioga. Ademais os nenos e nenas poden aprender e divertirse nas clases de pintura, inglés e baile.
A unión fai a forza, polo que é imprescindible contar coa túa participación para poder desenvolver mellor a nosa funcionalidade, acadar melloras da reivindicación e suxestións que terán maior consistencia e calado tanto nos organismos municipais como nos estatais.
Se conseguimos participar todos e todas da asociación, de seguro estaremos a facer un barrio máis habitable, mais confortable e máis dinámico tanto para as persoas que o habitan como para as que nos visitan.