Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

Portada arrow AA.VV. Federadas arrow Listado arrow Zamáns - San Mamede

A.V.C.R. San Mamede

PDF   Correo-e
Venres, 26 Xaneiro 2007

Ctra. Cidáns, 3
36310 Vigo

Teléfono
986 46 80 39 - 696 32 34 33

Fax
986 46 80 39

Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver

Web
http://www.zamans.net

Presidente
Juan Carlos Rodríguez Torres

Presentación

ImageA asociación veciñal de Zamáns créase no ano 1989, a partir da unión da asociación de veciños e a directiva da antiga casa da cultura. Froito desta unión comeza o traballo conxunto nun grande proxecto para a parroquia como é a construción dos novos locais que serían inaugurados en decembro do ano 1994, sendo alcalde do ilustrísimo Concello de Vigo, Don Carlos Príncipe.

Que facemos

ImageA partir da construción do novo local a actividade da asociación é un continuo bulir de traballo en dúas liñas fundamentais: a área de servizos veciñais e a área cultural.

Respecto á area de servizos veciñais, Zamáns tivo sempre unha materia pendente e importante para o desenvolvemento da parroquia na construción e mellora da súa rede de saneamento, que por fin este ano se ve realizado. Non só traballa esta entidade para resolver a problemática do saneamento senón que, a petición da veciñanza ou por propia iniciativa, sempre se achegan ao Concello de Vigo todas as necesidades da parroquia en temas básicos como limpeza, alumeado, transporte, camiños.., co único fin de acadar que a nosa parroquia non quede atrás nin esquecida no rural.

Na área cultural, o desexo desta asociación é achegar a todos os veciños, veciñas, nenos e nenas unha oferta variada de actos culturais durante todo o ano aos que se veñen sumar festas tradicionais que contan cunha ampla tradición na parroquia como o San Xoán, o Magosto, o Nadal.., nas que ademais da nosa ilusión poñemos á súa disposición as nosas instalacións e equipamentos.

Na mesma área a asociación oferta unha chea de actividades tanto didácticas con cursos propios como os de gaita, baile, informática..., e con outros moitos subvencionados polo Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, así como actividades deportivas: campionatos de fútbol sala, chave, petanca, etc. Contamos tamén con grupos de baile, gaita, coral, teatro, música, guitarra e organizamos saídas culturais tendo como único fin a convivencia entre a veciñanza. Dentro da asociación contamos coa Vogalía da Muller e a Vogalía da Xuventude, que veñen a desenvolver un importante labor como dinamizadores dos seus respectivos ámbitos.

Achégate e participa

ImageCon esta pequena sinopse queremos facer ver que toda a actividade da asociación parte da participación da veciñanza da parroquia, polo que queremos facer chegar a todos e todas o noso desexo de superarnos e seguir avanzando na mellora das infraestruturas, da formación e da diversión coa axuda de novas ideas e coa participación de todas aquelas persoas que queiran achegarse ata os nosos locais, situados nun sitio privilexiado da nosa parroquia.