Para facer realidade moitos dos proxectos e actuacións que estamos adesenvolver, resulta imprescindible buscar recursos e contar coa colaboración doutras entidades e colectivos que aportan unhas veces o financiamento preciso, outras persoal especializado, espazos, coñecementos...pero sobre todo moita axuda de forma desinteresada.
Son estas as entidades que apoian e colaboran cos nosos proxectos e actuacións, e logran así que sexan unha realidade para todas-os:
Obra Social - caixas de aforros
- Obra Social Caixa Galicia : finaciación de proxectos sociais.
- Obra Social Caixanova: financiación da Festa Veciñal e dos Bancos do Tempo.
Administracións
- Concello de Vigo: convenios de colaboración que nos permiten ofertar diferentes servizos como o Punto de Información á Muller, Asesoría Xurídica, Plan Contable, e Servizos xerais ás asociacións Veciñais. Financian tamén o programas culturais Move Vigo e Móvete na Rúa.
- Deputación Provincial: financia o Proxecto Novas Tecnoloxías (portal web, plataforma de teleformación e intranet de xestión), tamén colabora en programas de muller (Pensa en ti: curso de protocolo).
- Xunta de Galicia: Convenio de sensibilización e dinamización en NNTT (Asinado coa consellería de Industria, Innovación e Comercio). Subvenciona diversos proxectos e actividades da FAVEC .
Colectivos
- Galicia Acolle: están a desenvolver un proxecto de servizos, atención e acollida dirixido a persoas inmigrantes.