Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

Fedérate

PDF   Correo-e
Luns, 04 Decembro 2006
índice de artigos
Fedérate
Como Federarte
Dereitos e Obrigas

A Federación Veciñal está composta por 33 asociacións veciñais federadas. Estamos abertos a seguir consolidando o movemento veciñal como referente asociativo da cidade, para iso a túa colaboración é moi importante. Descubre ata onde podemos chegar taballando todos xuntos; fedérate xa!

Por que Federarte

Calquera federación ten como finalidade agrupar, coordinar e fortalecer a unha serie de colectivos que teñen obxectivos afíns. Unha federación veciñal debe ser a máxima representación da veciñanza dunha cidade. Cada barrio está representado a través das súas asociacións veciñais e nesas asociacións estamos representados cada un e cada unha dos que habitamos o barrio.

Nunha federación depositamos a confianza en acadar obxectivos que unha asociación, de xeito independente, tería máis dificutades para acadar.

A constitución dunha federación de colectivos ten unha clara vantaxe que é optimizar os recursos e a enerxía dun modo adecuado para facer máis eficientes as xestións a realizar ante unha cuestión concreta. Se a nivel individual a fórmula para loitar se traduce en asociarnos e, no noso eido, asociarnos veciñalmente nos barrios e parroquias, a nivel de cidade, a fórmula é que estas asociacións se unan e traballen unidas en problemas que afectan a toda a cidadanía