Fedérate
PDF
Correo-e
Luns, 04 Decembro 2006
Páxina 3 de 3
Dereitos e Obrigas
Dereitos dos/as Socios/as
- Participar nas actividades da federación para cumprir os obxectivos da mesma
- Utilizar os servicios da Federación e tomar parte nas súas actividades
- Exercer o dereito de voz e voto nas Asembleas da Federación
- Elixir ou ser elixido para os órganos de decisión e de representación da Federación
- Ser informado das actividades da Federación e dos acordos tomados por tódolos seus órganos
- Dirixirse á Comisión Permanente e a Asemblea Xeral cando o estime oportuno
- Impugnar os acordos conforme a lexislación vixente e as normas de organización interna.
- Dimitir de calquera cargo que ostente na Federación
- Tódolos outros que prevén os presenten Estatutos e a lexislación vixente.
Obrigas dos/as Socios/as:
- Cumprir os presentes estatutos e os acordos que tome a Asemblea Xeral e a Comisión Permanente da Federación
- Manter unha actuación veciñal e persoal na liña dos principios e obxectivos da Federación
- Cumprir a obriga de cargo que ostente e da función que teña aceptada
- Pagar a cota periódica asinada pola Asemblea