AA.VV. Federadas
Listado
Monte da Mina - Castrelos Rúa Galindra 16, Monte da Mina
36203 Vigo
Teléfono
986 47 27 58
Fax
986 47 27 58
Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidente
Juan Freiría Barros
Correndo o ano 1975-76 un grupo de persoas con inquedanzas diversas xuntáronse para crear na parroquia de Castrelos o ambiente propicio para formar unha asociación veciñal que os aglutinase co fin de dar solución ás necesidades que naquel intre existía en todo o rural (apertura e arranxo de camiños, dotación de alumeado público, subministro de auga, saneamento, etc.).
Varias xuntanzas veciñais culminarían na formación dunha Xunta Xestora que se encargou de redactar os estatutos, solicitar das autoridades a aprobación dos mesmos, e da creación da asociación que, para cumprir coas exixencias oficiais daquel tempo, deu en chamarse “Santa María” de Castrelos, un nome que non fixo demasiado felices aos promotores, pero que se aceptou para non ter maiores problemas.
O día 20 de febreiro de 1977, comezaron as anotacións de socios no libro de rexistro, sendo presidente D. Constante Alonso Sancecilio e o secretario D. Adolfo Rial Rodríguez.
Dende os comezos e na actualidade a asociación traballa para acada as melloras necesarias nos servizos públicos que garantan o benestar da súa veciñanza e para conseguir a celebración de diferentes eventos e actos sociais e culturais que dinamicen a oferta da parroquia e tales como obras de teatro, charlas-coloquio, actuacións musicais, e como as festas que logran que as xentes da parroquia se coñezan e compartan unha xornada agradable en torno ao lume, aos maiores ou ao Nadal entre outras moitas.
Outra área de traballo vai dirixida a potenciar o coñecemento e lecer da veciñanza; nesta liña a asociación leva a cabo cursos de formación tanto nas artes do baile e da música, como na área deportiva con clases de ximnasia e ioga así como outros cursos de traballos manuais, pintura, tapizaría, etc.. Coñecemento e lecer que tamén teñen lugar nas numerosas actividades de tempo libre como excursións e saídas culturais.
Servizos de información. Esta asociación entende que o ter acceso e axuda para dispoñer da información que nun momento dado precisamos representa un servizo de grande valor engadido para a súa veciñanza. Desde xeito non só prestou axuda e asesoramento en torno ao PXOM, senón que de xeito habitual facilita a mediación cos organismos públicos asesorando ante problemas habituais e tramitando documentos.
O traballo conxunto de toda a veciñanza a partir da plataforma que supón a asociación ten conseguido moitas melloras nas infraestruturas que se poden ver nos camiños, limpeza, alumeado e transporte público da parroquia.
O único xeito de manter viva a actividade da asociación é a participación da veciñanza, tanto na formación da directiva que se encargue de organizar, coma na asistencia aos actos; un xeito de usar as instalacións, darlle vida social á parroquia e, como non, a mellor maneira de amosar aínda que tan só sexa coa presenza a consideración que calquera equipo necesita para seguir traballando.
A asociación representa un ben para todos e todas. Se te fas socio non só estarás contribuíndo a obter beneficios para a parroquia senón que terás a posibilidade de facer os cursos que organizamos e participar plenamente de todo aquilo que para ti organizamos na asociación.