Axenda

Sen eventos

Enquisa

Economía
Que opinas da posíbel privatización da caixa de aforros galega?

Boletín Informativo

Recibe as novas do movemento veciñal no teu correo electrónico.


¿Acepta HTML?

Vogalía de Igualdade

PDF   Correo-e
Luns, 04 Decembro 2006

ImageA Vogalía de Igualdade da FAVEC coordina as accións das diferentes vogalías de muller das asociacións veciñais, coa disposición de traballar en prol dunha igualdade real entre mulleres e homes, e en contra da violencia de xénero.

Esta vogalía xestiona o Punto Informa e apoia o traballo de organizacións como a Marcha Mundial das Mulleres, ao tempo que promove encontros coas asociacións de mulleres representativas da área metropolitana de Vigo.

No seu afán por acadar unha igualdade real entre mulleres e homes, organiza cada ano as Xornadas das Mulleres Veciñais, cun proxecto claro: a formación, o encontro e a divulgación de temas relacionados coa muller.

A colaboración co Concello de Vigo, permitiu a creación do programa de formación “Eu tamén sei”, para a integración da muller na vida activa da cidade, finalizando cos traballos expostos ó público na Exposición Mans Creativas.

Obxectivos

  • Formación específica para mulleres dirixentes do movemento veciñal, xa que son as que xestiona na grande parte da actividade das asociacións.
  • Dinamizar e sensibilizar sobre os temas vinculados ás mulleres, polo que se realizan programas formativos específicos, como o Mollémonos, que en colaboración co Concello de Vigo, desenvolve actividades de animación sociocultural para mulleres, reunións, conferencias (Xornadas anuais das Mulleres Veciñais de Vigo); exposicións e intercambios con outras mulleres que poden aportarnos ás súas experiencias ó noso traballo (Exposición Mans Creativas, Marcha Mundial das Mulleres).
  • Loitar contra a violencia de xénero en tódalas súas versións: violencia doméstica, acoso no traballo, acoso psicolóxico, maltrato físico, abuso sexual, etc.; xestionado a través do Punto Informa.
  • Consideramos que a manifestación pública de repulsa da violencia é fundamental, polo que participamos e convocamos concentracións, e actos de apoio á igualdade de xénero e a non discriminación.

Equipo de igualdade

  • Margarita Alonso Sabino
  • Luisa Martínez Fernández
  • Paqui Sánchez Esteban

Actuacións