A Federación
Áreas de Traballo
Servizos Sociais
Vivenda
Cooperativa Eduardo Chao III
Venda de locais
A Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas Eduardo Chao III é propietaria do seguinte inmoble: -PARCELA URBANA P-XIX-XX, situada na Rúa As Teixugueiras Número 29, cunha superficie de 2.000 metros cadrados para construir cento noventa vivendas e anexos así como oficinas e baixos comerciais.
A parcela linda ao norte coa rúa As Teixugueras, sur coa zona verde que separa o segundo cinto Vigo-Baiona, este zona verde que separa da parcela P-XIII, e oeste zona verde que separa vial de nova apertura na urbanización.
A ubicación desta parcela é idónea para montar locais comerciais e oficinas debido ó pulo deste novo barrio vigués, composto de xente maioritariamente nova, con fillos. A orografía da zona ao estar na zona chá da rua Teixugueiras fai que a xente teña unha tendencia a pasear díante do número 29, ademáis a cercanía do parque e futuros servicios públicos facilitará o tránsito de xente polos arredores desta parcela. Na zona colindante está previsto ubicar un centro docente (Instituto ou colexio primaria) e a Construcción de máis vivendas correspondentes ás etapas III-IV da urbanización. Finalmente salientase que no edificio vivirán cento noventa familias tan pronto se remate e a Federación Veciñal de Vigo iniciará o seu proxecto “Vive e Convive”, consistente no uso de duas vivendas mais e un local comercial adicados a atención e convivencia de persoas maiores de sesenta e cinco anos.

Para visualizar os planos pincha no enlace correspondente:
Baixos comerciais (plano)
Entreplanta (plano)
As persoas interesadas nos locais poden cumplimentar o seguinte formulario, facendo constar a oferta que presenten polo local en cuestión.
ENVIAR AO MAIL
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
FAX: 986 22 72 96
Estamos á súa disposición os venres de 12:00 a 14:30 no teléfono móbil
: ![]()
![]()
![]()
657 850 840