AA.VV. Federadas
Que son as Asociacións Veciñais Unha asociación veciñal é unha organización de homes e mulleres dun mesmo barrio que unitariamente buscan solucións aos problemas que teñen como veciños/as e que respectando a pluralidade ideolóxica de cada quen, promoven actividades e accións tanto reivindicativas en defensa dos intereses colectivos como culturais para dinamizar a convivencia no barrio.
O referente principal é sempre a cidadanía e actúa sempre con horizontes de emancipación e de progreso.
A súa constitución é democrática e independente de gobernos, grupos políticos, sindicais, sociais e económicos e o seu ámbito de actuación é o barrio, a través do que conecta a realidade social do mesmo á da cidade.