Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Asóciate Xa - Por que asociarte

índice de artigos
Por que asociarte
Quen está
Como asociarte

Por que asociarte

  • Porque o movemento veciñal dáche a oportunidade ideal para desenvolver os teus proxectos para mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza, para participar activamente na vida da túa cidade. Son moitos os eidos nos que te podes involucrar, o importante é que te queiras comprometer e apostar polo teu barrio, a túa cidade, polo teu contorno
  • Porque é responsabilidade de todos/as que as cousas marchen ben. Non podemos quedar nos esperando a que outros/as actúen por nós. Podemos elixir cál é o campo no que mellor nos desenvolvemos para intentar colaborar e mellorar a nosa calidade de vida a través do movemento veciñal
  • Porque asociarse é un xeito de colaborar co desenvolvemento da sociedade cara ó progreso, equilibrando as relacións de poder e loitando polos dereitos da cidadanía
  • Porque axuda a despertar unha conciencia colectiva que contribúe a conseguir unha sociedade máis participativa e igualitaria. Porque os avances sociais serán tanto más positivos, canto maior sexa a participación dos veciños na xestión e control dos asuntos públicos
  • Porque axudas a descubrir as grandes carencias que nos afectan diariamente; ruídos, fumes, falta de árbores, mala calidade dos servicios da auga, lixo, reciclaxe, mobiliario urbano, etc.